• O Consello da Xunta informou dos avances desta iniciativa, lanzada en 2023, que está a piques de esgotar todos os bonos de desconto.
  • Os participantes fixeron un gasto medio de 400 € nos paquetes turísticos.

O Consello da Xunta informou o pasado xoves, 7 de marzo, dos avances do programa Xacobeo Xove, unha iniciativa que promove a experiencia do Camiño de Santiago entre a mocidade a través de descontos en paquetes deseñados por axencias de viaxe galegas. Participan nesta iniciativa un total de 25 axencias de viaxe retallistas e grosistas galegas.

 

O programa avanza a bo ritmo, a piques de comercializar todas as viaxes dispoñibles. Polo momento xa se aplicaron 3.100 descontos, tanto de xeito individual como en grupo. Son principalmente mozos e mozas españois, de ata 30 anos, estudantes, que optan por tipoloxías de viaxe diversas (en parella, en familia ou con amigos). A maior parte son de distintos puntos de España, pero tamén se rexistraron reservas de mozos de Italia, Irlanda, Reino Unido ou Suecia.

 

O prezo das viaxes comercializadas foi de 408 euros por persoa. Esta iniciativa permitiu que boa parte da sociedade puidese vivir a experiencia do Camiño de Santiago a través dun desconto de 200 euros sobre o prezo habitual. Desde a súa posta en marcha están activos máis de 60 paquetes turísticos que se poden consultar a través da páxina www.xacobeoxove.com.

 

O programa Xacobeo Xove é unha iniciativa financiada pola Axencia Turismo de Galicia en colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude, o Clúster Turismo de Galicia, a Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia (Agavi), a Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia (Atrega) e a Asociación Provincial de Axencias de Viaxes de Pontevedra (Avipo). O seu obxectivo é fomentar a peregrinación entre a poboación máis nova e potenciar o futuro do Camiño de Santiago.

11 de Marzo de 2024

Máis de 3.000 mozos gozarán do Camiño de Santiago a través do programa Xacobeo Xove

O Consello da Xunta informou dos avances desta iniciativa, lanzada en 2023, que está a piques de esgotar todos os bonos de desconto. Os participantes fixeron […]
11 de Marzo de 2024

O sector turístico galego promociónase na ITB Berlin

As empresas MEGA, Tee Travel, OCA Hotels, Galiwonders, Always Spain, Interrias, Hotel Restaurante As Eiras Lires e Xestores Turísticos de Finisterrae formaron parte da misión comercial […]
19 de Febreiro de 2024

O Clúster de Turismo pon a disposición do sector turístico galego 50 invitacións para a BTL de Lisboa

A feira turística da capital portuguesa celebrarase do 28 de febreiro ao 3 de marzo, coas tres primeiras xornadas reservadas exclusivamente a profesionais. A partir das […]
24 de Xaneiro de 2024

O sector turístico galego apunta como obxectivos para o 2030 a aposta pola sostibilidade, o incremento da rendibilidade e un turismo menos estacional

O presidente do Clúster Turismo presentou esta mañá en FITUR os resultados do diagnóstico ao sector, que servirá para deseñar a Estratexia Turística de Galicia 2024-2030. […]