O convenio de colaboración entre a Asociación Galega de Axencias de Turismo (AGAVI) e a Axencia de Turismo de Galicia tamén permitiu a creación de 200 novos produtos turísticos adaptados á situación actual

Un total de 871 viaxes con destino fóra de Galicia e que tiveron que ser cancelados por mor da pandemia foron redirixidos a destinos desta comunidade autónoma grazas ao convenio de colaboración asinado pola Asociación Galega de Axencias de Viaxes e a Axencia de Turismo de Galicia.

Cunha dotación de 300.000 euros creouse o acordo con tres obxectivos principais: por unha banda, redirixir a Galicia viaxes que tiñan outros destinos; por outra banda, crear novos produtos turísticos adaptados á nova situación e, en terceiro lugar, a creación dun equipo legal ao que calquera axencia de viaxes de Galicia poida plantexar as súas dúbidas de xeito gratuíto.

As axencias que solicitaron a axuda incluída no acordo crearon ata o momento 400 novos produtos, que agora poden ser contratados. Trátase de paquetes moi relacionados cos signos de identidade de Galicia, como os Camiños de Santiago, os balnearios ou o turismo rural, adaptados ás novas demandas.

O presidente de AGAVI, Juan Rivadulla, valorou positivamente os resultados do acordo e explicou que, neste momento, o traballo das axencias está practicamente paralizado. Neste sentido, esixiu que “haxa unha acción decidida e coordinada por parte de todas as Administracións para garantir que, durante este período de inactividade, sexa posible manter vivo o negocio”.

Rivadulla lembrou que “a crise da pandemia comezou para as axencias de viaxes incluso antes de que aparecese o virus ou houbese que tomar medidas” posto que “había miles de persoas que xa tiñan contratado e pagado viaxes que finalmente tiveron que ser suspendidas”.

24 de Novembro de 2020

As axencias de viaxes galegas redirixen a Galicia 900 viaxes que tiñan outros destinos e foran canceladas

O convenio de colaboración entre a Asociación Galega de Axencias de Turismo (AGAVI) e a Axencia de Turismo de Galicia tamén permitiu a creación de 200 […]
23 de Novembro de 2020

O Clúster de Turismo de Galicia convoca un seminario web para explicar as axudas da Xunta ao sector debido á crise do Covid-19

Está dirixido a traballadores, autónomos e microempresas, así como aos afectados polos peches da hostalería O Clúster de Turismo de Galicia celebrará o vindeiro xoves 26 […]
13 de Novembro de 2020

AS EMPRESAS TURÍSTICAS RECLAMAN ANTE A XUNTA AXUDAS DIRECTAS PARA A FONDO PERDIDO E A IMPLICACIÓN DE TODAS AS ADMINISTRACIÓNS PARA PODER MANTER A ACTIVIDADE E O EMPREGO EN GALICIA

O Clúster de Turismo de Galicia reúne na Vicepresidencia da Xunta a hostalería, axencias de viaxes, atacadista, aloxamento, turismo de negocios e toda a oferta complementaria. […]
09 de Novembro de 2020

A HOSTALERÍA RECIBIRÁ 16 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS DIRECTAS DA XUNTA ANTES DO FIN DO ANO, ADEMAIS DOS 70 MILLÓNS DESTINADOS A AUTÓNOMOS E MICROEMPRESAS

O Clúster crea unha mesa de diálogo coas asociacións do subsector de hostalaría para manter a liña iniciada hoxe na reunión coa vicepresidencia da Xunta e […]