A feira alemá celebrará o 19 de marzo un evento networking para poñer en contacto a profesionais e provedores de todo o mundo.

 

As consecuencias da pandemia afectan de novo ao desenvolvemento da ITB Berlín. O ano pasado a feira turística alemá optou por celebrar unha edición virtual e nesta ocasión os seus responsables decantáronse por un formato híbrido no que volverá primar o uso das novas tecnoloxías para favorecer a participación e evitar os riscos e condicionantes aínda presentes. Nesta situación, os actos centrais da convención ITB Berlín para os días 8, 9 e 10 de marzo complementaranse o día 17 co ITB Dixital Business Day, unha xornada pensada para “ofrecer aos profesionais e provedores do mercado turístico de todo o mundo a oportunidade de establecer contactos desde calquera parte do mundo”.

 

As empresas galegas tamén estarán presentes nesta actividade do día 17 grazas á intermediación do Clúster Turismo de Galicia, que xestionará e abonará os gastos de inscrición de quen queira tomar parte no networking. Os interesados teñen de prazo ata o xoves 24 de febreiro para poñerse en contacto co Clúster a través do email secretariatecnica@clusterturismogalicia.com indicando o nome da empresa, a dirección e o teléfono, o nome e apelidos do representante da mesma e un email e un teléfono de contacto.

 

Desde a ITB Berlín explican que a xornada ”ofrece aos compradores e provedores que aínda non se beneficiaron dos servizos da feira, a oportunidade de establecer contactos e facer negocios. Céntrase na creación de redes e os negocios e compleméntase con sesións da Convención ITB do programa a demanda”. Os participantes poden proporcionar detalles sobre os seus intereses comerciais, en base aos cales recibirán suxerencias de contactos cos que se reunirán en sesións de audio e vídeo. Ademais, poderán participar en dúas sesións de Speed ​​ Networking dunha hora nas que, en función dos seus intereses, asignaránselles varios compañeiros de reunión.

22 de Febreiro de 2022

O Clúster incentiva a participación das empresas galegas na xornada virtual da ITB Berlín

A feira alemá celebrará o 19 de marzo un evento networking para poñer en contacto a profesionais e provedores de todo o mundo.   As consecuencias […]
21 de Febreiro de 2022

A oferta turística do Camiño de Santiago que aposta pola sustentabilidade

Aloxamentos, actividades e proxectos ligados ao Clúster Turismo de Galicia apostan por dinamizar rutas xacobeas priorizando o coidado e o desenvolvemento da contorna.   O Camiño […]
21 de Xaneiro de 2022

Fegatur convida a gozar da sinfonía de abrazos que ofrecen os establecementos de turismo rural

Os responsables da Federación Galega de Turismo Rural presentaron en Fitur a súa nova campaña promocional.   A Federación Galega de Turismo Rural, Fegatur, presentou no […]
14 de Xaneiro de 2022

O Clúster de Turismo de Galicia propón a creación dun grupo de traballo para a revisión e actualización da normativa de vivendas de uso turístico

Unha vez máis, o Clúster entende que a colaboración público–privada é a vía adecuada para fortalecer unha oferta de aloxamento coherente coa aposta de Galicia por […]