Congresos

O Forum do Camiño de Santiago, FairWay, ten en marcha xa a súa segunda edición, que se celebrará do 12 ao 14 de novembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela), un evento cun formato que consta dun congreso aberto, formado por relatorios e mesas redondas sectoriais; unha feira profesional na que empresas e institucións poderán mostrar os seus recursos e servizos; e un workshop que propiciará reunións de intercambio comercial con destacados turoperadores internacionais e no que o Clúster de Turismo de Galicia volverá estar presente.
O workshop celebrarase os días 13 e 14 e a súa finalidade é permitir ás entidades participantes ter contacto directo con hosted-buyers procedentes dos principais países emisores. Ata a data confirmáronse a presenza de máis de 30 turoperadores de 14 países distintos: Colombia, Noruega, Irlanda, Brasil, Uruguai, Portugal, Nova Zelandia, Estados Unidos, Canadá, Arxentina, Reino Unido, Italia, Alemaña e España.

A organización porá a disposición dos interesados un servizo de axendas co fin de tentar pechar o maior número de acordos comerciais. Os asociados ao Clúster de Turismo de Galicia terán un desconto do 25% na cota de inscrición, sendo necesario que en caso de estar interesados remitan o formulario adxunto cumprimentado ao correo electrónico comercial1@fairwaysantiago.com, antes do 15 de outubro. A organización encargarase de xestionar a axenda de reunións, que lle será enviada días antes da feira. Así mesmo, infórmase de que para un óptimo desenvolvemento e axilidade das súas citas, é imprescindible cumprir cos horarios establecidos pola organización.

De forma paralela a Fairway, terá lugar unha serie de actividades de dinamización na capital galega, denominadas Fairway City. Ademais, xornalistas e operadores turísticos internacionais visitarán tramos do Camiño Inglés e do Camiño Portugués en viaxes de prensa e familiarización.

05 de Outubro de 2017

En marcha a nova edición de FairWay, o Forum do Camiño de Santiago

O Forum do Camiño de Santiago, FairWay, ten en marcha xa a súa segunda edición, que se celebrará do 12 ao 14 de novembro no Palacio […]
04 de Outubro de 2017

A innovación, clave para a mellora da competitividade dun sector turístico, entre as conclusións do Foro Fi2

Tenerife acolleu a celebración da oitava edición do Fi2, o foro de innovación e tecnlogía de Canarias, que este ano estaba dedicado ao turismo O Clúster […]
20 de Febreiro de 2017

Arredor de 300 profesionais do segmento MICE asistiron ao congreso nacional de OPC

O 29º Congreso Nacional de Empresas Organizadoras Profesionais de Congresos de OPC España, da que forma parte OPC Galicia, celebrouse en Lleida coa participación de case […]
20 de Outubro de 2016

O turismo industrial, protagonista dun congreso en Vigo

Vigo acolle a próxima semana o I Congreso de Turismo Industrial de Galicia e Norte de Portugal, que se celebrará o 26 de outubro na sede […]