Actividades Destacadas

  • A presentación do CTG será o mércores, 22 de xaneiro, a partir das 12:30 horas.
  • Será xusto despois da exposición da Xunta de Galicia, ‘Galicia, terra acolledora’, ás 11:45 horas.

 

O Clúster Turismo de Galicia está preparado para promocionarse na Feira Internacional de Turismo (Fitur) 2025. A actividade no espazo de Galicia comezará o mércores, 22 de xaneiro, co acto inaugural e coa presentación ‘Galicia, terra acolledora’ da Xunta de Galicia ás 11:45 horas.

 

Tras isto, ás 12:30 horas, o Clúster procederá coa presentación ‘Da información ao éxito: Optimiza as túas decisións hostaleiras’, na que promocionará o Sistema de Monitorización e Análise de Datos de Aloxamento (SIMADA). Esta ferramenta de análise permite comparar os datos de ocupación con respecto ao destino ou a empresas similares no destino, así como os prezos, a súa evolución, e diversos datos de interese para os aloxamentos. O seu obxectivo é ofrecer de primeira man información sobre as reservas e prezos dos diferentes establecementos de aloxamento para poder adoptar as mellores decisións no ámbito empresarial.

 

A presentación do Clúster poderase seguir en directo a través da páxina web do CTG, onde se habilitará o vídeo da presentación para seguila por streaming.

 

A do Clúster é unha das case 50 presentacións que terán lugar na caseta de Galicia. Este ano, o espazo galego recibirá aos visitantes co lema “Xa estás en Galicia!”, dándolles a benvida a unha comunidade onde a calidade, a biodiversidade e a sostibilidade serán os eixos dun percorrido polo patrimonio material e inmaterial galego. O programa completo de presentacións pode consultarse a través da páxina web de Turismo de Galicia.

 

20 de Xaneiro de 2025

A presentación do Clúster en Fitur 2025 ‘Da información ao éxito: Optimiza as túas decisións hostaleiras’ poderá seguirse en directo a través da web

A presentación do CTG será o mércores, 22 de xaneiro, a partir das 12:30 horas. Será xusto despois da exposición da Xunta de Galicia, ‘Galicia, terra […]
09 de Xaneiro de 2025

O Clúster xestionará as 17 mesas de negocio do espazo de Galicia en FITUR 2025

Un ano máis, o Clúster poñerá ao dispor dos asociados varias mesas nas que poderán manter reunións con operadores turísticos durante a Feira Internacional de Turismo. […]
17 de Decembro de 2024

O Clúster de Turismo e Mota-Engil Renewing facilitan ás empresas do sector a instalación de puntos de recarga enerxética para vehículos eléctricos

As entidades turísticas interesadas só terán que poñer un espazo adecuado ao dispor da empresa, que asumirá todos os custos de investimento e mantemento da estación. […]
17 de Decembro de 2024

76 empresas participan esta semana na xornada ‘Networking Rías Baixas: turismo que une’ organizada polo Clúster e Deputación de Pontevedra

O evento networking terá lugar o 19 de decembro no Edificio Sociocultural Manuel Rivero en Lalín. A cita pretende fomentar o coñecemento da oferta turística, especialmente […]