Actividades Destacadas

  • O evento acolleu a máis de 70 operadores turísticos de toda Europa

O Spain Tourism Summit 2024, celebrado entre o 20 e 23 de maio en Toledo e organizado por Turespaña, acolleu a máis de 70 operadores turísticos de toda Europa, representando un total de 20 países: Bélxica, Bulgaria, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Irlanda, Italia, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Eslovaquia, Reino Unido, Romanía, Serbia, Suíza e Suecia.

 

Os axentes europeos que asistiron ao evento procedían de segmentos moi diversos: desde axencias especializadas en turismo vacacional interesadas en ampliar a súa oferta turística en España, ata entidades dedicadas ao turismo MICE e de incentivos, ao turismo escolar ou ao turismo deportivo.Durante as tres xornadas, puideron reunirse con 93 representantes de empresas e destinos españois.

 

Co obxectivo de achegar a completa oferta turística galega aos asistentes, o Clúster de Turismo estivo presente durante o evento, presentando os catálogos “Galicia Travel Agencies” e “Galicia, un luxo para os sentidos”. Tamén asistiron os representantes das empresas Galiwonders e Viaxes Interrías.

 

O obxectivo foi mostrar a diversidade e singularidade da oferta turística española nos mercados europeos. Deste xeito, Turespaña continúa traballando por contribuír á sustentabilidade económica, social e ambiental do turismo español.

30 de Maio de 2024
Clúster Turismo Galicia Jornadas Inversas Toledo

O Clúster acerca Galicia ao mercado europeo nas Xornadas Inversas en Toledo

O evento acolleu a máis de 70 operadores turísticos de toda Europa O Spain Tourism Summit 2024, celebrado entre o 20 e 23 de maio en […]
30 de Maio de 2024
Jardins jardin, evento jardineria turismo mice lujo parís

O Clúster representa ao sector luxo e MICE de Galicia na última edición do salón Jardins, Jardin, que se celebra do 29 ao 2 de xuño en París

O evento, referente en materia de xardinería, deseño e espazos verdes, celebra o seu 20º aniversario no parque da Villa Windsor Galicia participará no espazo “Xardín […]
30 de Maio de 2024
Crecimiento rentabilidad hotelera Galicia 2024

O sector hostaleiro galego rexistra a súa mellor rendibilidade crecendo nun 2% nos catro primeiros meses de 2024

O Instituto Nacional de Estatística publicou recentemente os datos, que revelan unha evolución positiva no turismo galego Os ingresos totais estimados son de máis de 74 […]
30 de Maio de 2024
Bonos Turísticos Xunta Galicia 2024

Volven os Bonos Turísticos de Galicia impulsados pola Xunta

Poñeranse en circulación 16.000 novos bonos cun importe de 150€ cada un O período para trocalos será desde o 10 de setembro ata o 25 de […]