Actividades Destacadas

A poucos días da celebración da nova edición da Feira Internacional de Turismo 2018 en Madrid, o Clúster Turismo de Galicia ultima a súa participación na principal feira sectorial nacional. Unha edición máis, a caseta de Galicia contará cun espazo de reunións que estará xestionado polo Clúster e no que os profesionais do sector que así o desexen poderán manter os seus encontros cos operadores turísticos nacionais e internacionais. Así, o Clúster xestionará a axenda das 14 mesas de traballo nas que se articularán encontros en franxas de 30 minutos por cada reunión. Para solicitar o uso destas mesas os profesionais poderán solicitar reservas de hora para as mesas, indicando a súa empresa e o operador co que se van a reunir a través dun correo a fitur@clusterturismogalicia.com. Ademais, na propia feira, terán á súa disposición a dúas persoas que se encargarán da xestión destas citas e o control das mesas.

Presentacións no stand de Galicia
Ademais da participación e presenza activa dos diferentes asociados do Clúster Turismo de Galicia no programa de presentacións que acollerá a caseta de Galicia ao longo do tres días de feira profesional, o venres 19 o Clúster Turismo de Galicia protagonizará a súa propia presentación. Baixo o título “Novas iniciativas para a comercialización do Turismo en Galicia”, o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, fará un repaso dos produtos turísticos impulsados polo CTG en colaboración cos seus asociados e con Turismo de Galicia co obxectivo de mellorar a comercialización da oferta turística galega a través da diferenciación, a formación e a especialización en nichos de mercado como o turismo activo, o enoturismo ou o turismo familiar.
Por último, cabe destacar que o CTG tamén estará presente noutras actividades que se desenvolverán no marco do extenso programa de Fitur 2018, como o Foro de Liderado Turístico de Exceltur, os Foros de Turespaña ou nos premios OMT de Turismo Sustentable.

09 de Xaneiro de 2018

Participación do Clúster Turismo de Galicia en Fitur

A poucos días da celebración da nova edición da Feira Internacional de Turismo 2018 en Madrid, o Clúster Turismo de Galicia ultima a súa participación na […]
01 de Decembro de 2017

O selo Galicia Destino Familiar entrega os seus 27 primeiras acreditacións ás empresas especializadas neste segmento de mercado

A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, permite agrupar e pór en valor a oferta turística dirixida ás familias coa que xa conta Galicia O […]
29 de Novembro de 2017

O sector MICE galego prevé facturar durante 2018 uns 70 millóns de euros e pasar dos 1.000 eventos

A directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, presidiu o acto ao que acudiron uns 150 axentes internacionais e compradores do sector de congresos, convencións […]
28 de Novembro de 2017

Conclúe o III Edición do Plan de Formación turísica do Clúster Turismo de Galicia cun 150% máis de profesionais formados

Dous destacados expertos como Enrique Dans e Jaime López-Chicheri impartiron senllas masterclass nunha xornada que clausurou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro A Cidade […]