En 2015 Galicia celebrou 250 certames dedicados a diferentes ámbitos de actividade, cinco deles citas de carácter internacional. Ocupáronse 400.000 m2 de exposición grazas aos 6.500 expositores e máis de 2 millóns de visitantesse achegaron até estes eventos. Son algunhas das cifras que arroxa un sector que se atopa na nosa comunidade en pleno auxe de actividade, segundo recolle a Asociación Galega de Feiras/Eventos (AGAFE) que recentemente celebrou por vez primeira o Día Internacional das Feiras (Global Exhibitions Day). O evento creado pola Unión de Feiras Internacionais (UFI), ao que se adheriu AGAFE, ten como obxectivo divulgar e dar a coñecer mundialmente tanto a organismos oficiais como a organizacións e empresas privadas, a importancia do sector feiral, a súa esencial contribución a cada economía nacional e local, e o impacto económico que supón para toda a contorna onde se celebra a feira.
“O sector feiral de Galicia atópase en pleno auxe de actividade, somos o punto de encontro idóneo para a oferta e a demanda dos principais sectores da comunidade”, asegura o presidente de AGAFE e Director Xerente de Expourense, Alejandro Rubín. Gandaría, turismo, libraría, gastronomía, automóbil, actividades marítimas, son algúns dos sectores ao redor dos que se celebraron estas feiras entre as que cabe destacar as 5 citas internacionais que organizaron os recintos galegos: Xantar en Ourense, Semana Verde en Silleda, Internacional do Moble de Galicia na Estrada, Termatalia en Ourense e Conxemar en Vigo.
Durante o ano 2016, os xestores dos recintos e organizadores de eventos contan con seguir esa liña ascendente. “Os certames que se celebran hoxe en día son máis profesionais e adaptados ás necesidades do público, e as redes sociais e as novas tecnoloxías son un gran apoio de promoción que debemos saber aproveitar”, declarou o vicepresidente e director xerente do Instituto Feiral de Vigo, Arsenio Fidel Prieto. A internacionalidad é un dos puntos máis importantes que están a desenvolver os principais actores do sector feiral. Ao longo deste ano celebraranse as citas con certificado de internacionalidad polo Ministerio de Economía e Industria de España: Xantar en Ourense, Conxemar en Vigo, Semana Verde en Silleda, Funergal en Ourense e Termatalia, o proxecto máis internacional xa que este ano celebrarase en Arteaga, no Estado Mexicano de Coahuila.
AGAFE
A Asociación Galega de Feiras/Eventos é unha organización privada, sen ánimo de lucro, para a representación, coordinación, defensa e fomento das actividades feirais, exposicións e eventos dos seus membros. Constituíuse o 11 de Maio de 2012 e actualmente confórmano 53 asociados distribuídos polo catro provincias galegas, do cinco sectores que integran o ciclo da organización de eventos: xestores de infraestruturas, organizadores, provedores de servizos directos, provedores de servizos indirectos e profesionais. Os seus principais obxectivos son, en liñas xerais: contribuír ao desenvolvemento xeral das actividades feirais e eventos na Comunidade Autónoma Galega, potenciando o desenvolvemento e mellora de intercambios comerciais a través da organización de exposicións, feiras e eventos tanto de carácter sectorial como monográfico