destacados

  • A nova edición da feira turística da capital alemá celébrase do 4 ao 6 de marzo.
  • O prazo para sumarse á comitiva que organiza o Clúster estará aberto ata o 11 de febreiro.

 

O Clúster Turismo de Galicia prepara a súa participación na feira internacional ITB Berlín 2025, que se celebrará do 4 ao 6 de marzo na capital alemá. Esta misión comercial permitirá aos profesionais do sector turístico galego establecer contactos estratéxicos e promocionar os seus produtos nun dos eventos máis relevantes da industria a nivel mundial.

 

A misión levarase a cabo do 3 ao 6 de marzo, con saída o luns 3 desde o aeroporto de Santiago de Compostela e regreso o xoves 6. Inclúese o voo con maleta facturada, traslados en autocar e aloxamento no hotel Park Inn by Radisson de 4 estrelas en réxime de Aloxamento e Almorzo. Ademais, organizarase unha cea de networking para potenciar as relacións comerciais entre os participantes.

 

Este ano, a feira contará cun Speed Networking o xoves 6 de marzo de 9:00 a 10:30 h. Para quen desexe participar neste evento clave para a xeración de contactos, ofrécese a posibilidade de prolongar a estancia ata o venres 7 de marzo, cun itinerario de regreso alternativo.

 

Custo da participación

 

  • Misión comercial estándar (regreso o 6 de marzo): 800 €
  • Misión comercial con asistencia ao Speed Networking (regreso o 7 de marzo): 1.000 €

 

En ambos os casos, a inscrición debe formalizarse antes do 11 de febreiro, enviando un correo a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com, indicando o itinerario elixido, anexando o xustificante de pago correspondente en concepto de “Servizos de Internacionalización en ITB Berlín 2025) e indicando datos persoais (nome, apelido, DNI, empresa á que pertencen, datos de contacto e facturación).

 

O número máximo de participantes será de 23 persoas. Ademais dos membros do Consello Executivo do Clúster, as prazas asignaranse seguindo unha orde de prioridade:

 

  • Comercialización e distribución (grosistas, axencias de viaxe receptivas…): Máximo 2 prazas por entidade.
  • Aloxamento e oferta complementaria (hoteis, turismo rural, actividades, MICE…): Máximo 1 praza por entidade.
  • Outras entidades – Máximo 1 praza por entidade.

 

Para máis información, poden contactar en secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou no teléfono 881 247 436.

04 de Febreiro de 2025

O Clúster prepara unha nova misión comercial á feira internacional de turismo ITB Berlín 2025

A nova edición da feira turística da capital alemá celébrase do 4 ao 6 de marzo. O prazo para sumarse á comitiva que organiza o Clúster […]
27 de Xaneiro de 2025

O espazo de negocios do Clúster de Turismo en Fitur alcanza as 500 reunións, 100 máis que o ano anterior

Más de 1.500 profesionais participaron nestes encontros na zona habilitada pola Xunta na caseta de Galicia para o networking do sector. Representantes de México, Portugal e […]
27 de Xaneiro de 2025

O Clúster pon en marcha unha ferramenta gratuíta para empresas de aloxamento, que facilita a toma de decisións e mellora a comercialización

O sistema de monitorización de datos (SIMADA) ofrece datos de ocupación, prezos e canles de venda, o que permite a estes establecementos axustarse ás tendencias do […]
13 de Xaneiro de 2025

O Clúster presentará en FITUR 2025 o Sistema de Monitorización e Análise de Datos de Aloxamento

A presentación, que terá lugar o 22 de xaneiro a partir das 12:30 horas no Pavillón 9 de IFEMA, poderá seguirse en directo vía streaming. A […]