A misión comercial impulsada polo Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres conclúe con máis de 25 encontros con turoperadores do mercado británico

Turoperadores especializados en turismo de luxo, caravanas, turismo activo, moitos dos cales buscan unha oferta especializada e paquetizada, tours privados e experiencias diferentes nas que as que predomina o interese polo patrimonio, a natureza, a gastronomía e, por suposto, o Camiño de Santiago. Este é o perfil que atoparon os 30 empresarios galegos que viaxaron na misión comercial que o Clúster Turismo de Galicia organizou por cuarto ano consecutivo e da man de Turismo de Galicia á World Travel Market, unha das citas máis importantes para o sector turístico a nivel internacional e que hoxe conclúe en Londres.

En total hanse agendado máis de 25 encontros profesionais, ademais dos propios que desenvolveron os empresarios desprazados á feira que mantiveron contactos con representantes de OTA’s e turoperadores que buscan profundar na oferta galega con paquetes turísticos orientados cara ao turismo cultural e de natureza, abrir novos tours ou profundar nos contactos iniciados en edicións anteriores da feira.

Slow Travel
Moitos dos profesionais que se achegaron ata o espazo de reunións que o Clúster Turismo de Galicia xestionou na caseta de Galicia interesáronse tamén por slow travel e turismo deportivo (surf, esquí, BTT, mergullo, sendeirismo, trekking…), sen esquecer as experiencias culturais. Estes encontros profesionais serviron tamén como primeira toma de contacto para aqueles que queren comezar a traballar con Galicia buscando destinos auténticos que poidan ofrecer experiencias diferentes e de calidade vinculadas á España Verde e ao turismo sustentable, que estivo moi presente nesta edición da feira.

“En boa medida continuamos traballando os contactos iniciados en anteriores edicións, afianzando relacións, aperturando novas vías de colaboración e ampliando produtos turístico”, explicou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, que destacou a importancia de traballar cun mercado maduro como o británico, que busca un turismo especializado e de calidade. O mercado británico é o sexto mercado internacional para Galicia e ha experimentade este verán un crecemento do 3% no número de pasas a noite respecto ao mesmo período de 2016.

08 de Novembro de 2017

O mercado británcio busca en oferta turística galega experiencias diferenciadas, auténticas e de calidade

A misión comercial impulsada polo Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres conclúe con máis de 25 encontros con turoperadores do mercado británico […]
27 de Xullo de 2016

Ampliado o prazo de inscrición para participar na próxima misión comercial á World Travel Market de Londres

Ata o 12 de agosto estará aberto o prazo para participar nesta feira profesional e manter contactos comerciais previamente axendados Até o 12 de agosto próximo o Clúster […]
30 de Xuño de 2016

Aberto o prazo de inscrición para participar na próxima misión comercial á World Travel Market de Londres

O Clúster Turismo de Galicia volve organizar unha delegación para participar nesta feira profesional e manter contactos comerciais previamente axendados Até o 20 de xullo próximo […]
29 de Marzo de 2016

A oferta turística galega, presente na WTM de latinoamérica

Sao Paulo acolle esta semana a WTM Latin America, unha das feiras turísticas máis importantes do continente americano e na que a oferta turística galega estará […]