formación

O 9 e 10 de maio o Centro Superior de Hostalaría de Galicia celebrará o seu primeiro Foro Gastronómico, o GastroFÓRUM 2016, unha iniciativa na que se darán cita destacados profesionais do sector e que incluirá showcookings, relatorios e catas de produto. Ademais, o encontro servirá tamén como punto de encontro para o sector, que porá en común as súas preocupacións, así como novas técnicas culinario ou novos modelos de negocio.
Programa do Gastrofórum
No Gastrofórum participarán prestixiosos cociñeiros e profesionais da hostalaría e da restauración de Galicia como Pepe Solla, Marcelo Tejedor, Héctor López, Javier Olleros, Caco, Luís Vieira ou o Chef Rivera, entre outros. Celebraranse xornadas de debate sobre a nosa gastronomía e os seus produtos, a fusión, a tradición e os novos modelos de restauración. Neste marco, realizaranse catas de viños galegos, augardentes e licores, así como degustacións doutros produtos da terra como queixos ou aceite. Este evento gastronómico tamén incluirá a celebración de talleres de cociña a cargo de grandes profesionais galegos.

A asistencia aos diferentes relatorios é gratuíta pero é necesaria a inscrición previa a través da seguinte ligazón.

02 de Maio de 2016

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia celebra o seu primeiro GastroFÓRUM

O 9 e 10 de maio o Centro Superior de Hostalaría de Galicia celebrará o seu primeiro Foro Gastronómico, o GastroFÓRUM 2016, unha iniciativa na que […]
14 de Abril de 2016

O Clúster de Turismo de Galicia súmase ao proceso de implantación da FP Dual en Galicia

Responsables do CTG mantiveron un encontro con Educación para estudar a firma dun acordo marco para que os seus asociados participen desta modalidade de formación Co […]
11 de Abril de 2016

Cita coa viticultura en Vigo da man do Atlante Wine Forum

Concibida como unha xornada de encontro, formación e traballo conxunto dos profesionais do mundo do viño que desenvolven a súa actividade no noroeste de España e […]
18 de Marzo de 2016

Boa saúde para o turismo rural en Galicia

Ourense acolleu relatorios e mesas redondas sobre este sector con motivo do 10º aniversario do Master de Turismo de Interior e de Saúde da Universidade de […]