Cita coa viticultura en Vigo da man do Atlante Wine Forum

ACTIVIDADES

Cita coa viticultura en Vigo da man do Atlante Wine Forum

Concibida como unha xornada de encontro, formación e traballo conxunto dos profesionais do mundo do viño que desenvolven a súa actividade no noroeste de España e norte de Portugal, Atlante Wine Forum celébrase o 18 de abril en Vigo, impulsada polo Instituto Galego do Viño. Durante un día, viticultores, adegueiros, enólogos, catadores, barmen, distribuidores e empresarios do enoturismo daranse cita para debater e estudar conxuntamente sobre os retos e posibilidades do mundo do viño a través dun completo programa no que os participantes poderán a relatorios de personalidades de prestixio internacional combinadas coa realización de masterclass a cargo de Sarah Jane Evans, Beatriz Machado e Ferrán Centelles.

A xornada, que se celebrará na sede Afundación, require inscrición previa e unha entrada cuxo prezo é de 100 euros. Con todo, a organización puxo a disposición da Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra (FEPROHOS), un lote de entradas con un desconto do 50% que se adxudicarán por rigorosa orde de reserva e pago e que darán acceso a todos os relatorios do programa común e ao tres mastreclass do Auditorio

Para calquera dúbida ou aclaración, pode contactar cos organizadores do evento a través  do correo electrónico xefaturaestudos@institutogalegodovino.com.