Estratexia Turismo de Galicia 2020

A Xunta de Galicia aprobou o novo plan estratéxico que guiará o desenvolvemento do sector no horizonte 2020. Trátase dunha folla de ruta que conta cun investimento turístico de máis de 240.500.000 euros coa que se aposta por fortalecer a competetivida do Destino Galicia e o seu posicionamento crave na economía galega. O Plan establece entre os seus obxectivos o incremento no número de turistas dun 21% ata superar o horizonte do seis millóns de turistas en 2020, cunha forte aposta polo turismo internacional, do que se quere aumentar o seu peso ata alcanzar o 33% do total, o que se traduciría en 2 millóns de turistas estranxeiros. Ademais, preténdese mellorar os cocientes de pasas a noite, ocupación hoteleira e gasto medio do turista en Galicia. Sobre a base destes grandes retos, a nova Estratexia do Turismo de Galicia 2020 inclúe 11 liñas de actuación que abarcan un total de 90 propostas de acción.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou con todo, que máis que apostar pola cantidade, este Plan aposta pola calidade, polo crecemento sustentable do destino e por un forte compromiso co ecoturismo, cunha liña estratéxica moi centrada na paisaxe e os recursos naturais, que supón algo máis do 37% do investimento total. A nova Estratexia Turismo de Galicia é un proxecto no que se contou desde o primeiro momento co sector, a través do Clúster Turismo de Galicia, que desenvolveu a estratexia nun proceso profundamente colaborativo e aberto ao conxunto do sector e para o que se contou cun amplo traballo de campo no que tamén colaboraron, por vez primeira, o tres universidades galegas.

Coa posta en marcha deste novo plan, que se presentará nos próximos días, o Goberno galego establece un plan integral que presta atención a todos os territorios da nosa comunidade; integrador ao establecer conexións con outros sectores; dinámico, xa que será revisado de forma periódica para favorecer a súa correcta implantación; e dinamizador,ao dar cabida a todos os axentes implicados. Os seus obxectivos e actuacións están aliñados co Plan estratéxico de Galicia 2015-2020 buscando a potenciación do turismo en Galicia e o seu atractivo para consolidar a nosa comunidade como un destino diferenciado a nivel global, competitivo, sustentable e adaptado aos cambios do mercado.

Para logralo, o plan establece tres grandes retos relacionados co territorio, a gobernación e a proxección do destino. A nova estratexia establece, así, un modelo de turismo baseado na construción dun destino único e diferencial a través do potencial dos seus recursos; no impulso dunha nova forma de xestión que incorpore todos os axentes da cadea de valor e que facilite a sustentabilidade sen renunciar a criterios de rendibilidade económica e social; e na mellora da captación de turistas e da súa fidelización a través dunha oferta segmentada e de calidade.

Compromiso coa sustentabilidade
As políticas turísticas do próximos catro anos apostarán polo ecoturismo como elemento tractor do rural galego a través da creación de novos produtos turísticos vinculados á natureza que contribúan ao aproveitamento dos recursos naturais e ao uso turístico sustentable da paisaxe. Así mesmo, ao redor deste eixo traballarase na rehabilitación e posta en valor dos miradoiros galegos, na creación de senllas turísticas singulares de especial interese paisaxístico e no aproveitamento do gran potencial dos parques naturais co impulso de paquetes e actividades ecoturísticas no seu contorno. Por outra banda, apostarase pola valorización turística dos núcleos históricos, pondo énfases no patrimonio material e inmaterial das cidades e vilas galegas e na revitalización do turismo rural.

A nova estratexia inclúe, ademais, o desenvolvemento dunha metodoloxía que permita xestionar os altos niveis de demanda turística a que ven sometidos determinados recursos ou áreas en momentos puntuais do ano, para poder impulsar unha oferta cultural e de lecer para estes puntos con risco de saturación e evitar, así, a degradación do patrimonio cultural e natural de Galicia preservando a súa autenticidade.

24 de Marzo de 2017

A nova Estratexia do Turismo de Galicia traballará para consolidar en 2020 un destino turístico competitivo, sustentable e diferenciado a nivel global

A Xunta de Galicia aprobou o novo plan estratéxico que guiará o desenvolvemento do sector no horizonte 2020. Trátase dunha folla de ruta que conta cun […]
25 de Outubro de 2016

A industria da comunicación lidera unha xornada única para fortalecer e apostar pola marca Galicia como destino turístico

A Asociación de Directivos de Comunicación en Galicia, Dircom Galicia, foi a responsable da definición dunha sesión de traballo que congregou a expertos en comunicación, mercadotecnia, […]
13 de Outubro de 2016
mesa de trabajo pontevedra Estratexia Turismo de Galicia 2020

Máis dunha ducia de localidades acollen as mesas de diagnóstico da Estratexia de Turismo de Galicia 2020

Neste proceso de escoita ao sector celebraranse un total de 28 mesas de expertos Rendibilidade, a xestión do éxito, o turismo en espazos naturais, os cambios […]