Axencia de Turismo de Galicia

A nova Consellería de Cultura e Turismo inclúe na súa proposta de orzamentos para o próximo ano, un incremento na partida de turismo, convertido hoxe en motor económico galego, que, de aprobarse os orzamentos tal e como están, suporá un 11,5% máis de diñeiro -4,3 millóns máis-. Neste incremento destacan especialmente os investimentos no Camiño de Santiago e os primeiros 7,5 millóns para o Xacobeo. De feito, a Consellería establece actuacións no marco do Plan de rehabilitación dos BIC do Camiño de Santiago, actuacións no Plan Territorial integrado dos Camiños de Santiago e dá continuidade aos traballos de delimitación e históricos dos camiños aínda non aprobados.

No que se refire ao apartado turístico plenamente devandito, se aposta pola mellora da competitividade das empresas e a posta en valor dos recursos turísticos, dándolle continuidade á execución da Estratexia do Turismo de Galicia 2020. O obxectivo da nova conellería é reforzar as sinerxías entre cultura e turismo e pór o evento do Xacobeo 2021 como impulso para profundar en políticas culturais e turísticas de crecemento sustentable a longo prazo, afianzando o posicionamento de Galicia como marca-país tanto no ámbito nacional como internacional.

Continuidade nas propostas de Turismo de Galicia
As actuacións propostas por Turismo de Galicia para 2019 centraranse así en “reforzar o atractivo turístico e situar a Galicia como destino único a través dun modelo os meus competitivo, sustentable e adaptado aos cambios do mercado, baixo tres eixos de traballo:
– O desenvolvemento de todo o potencial dos recursos de Galicia, contruyendo un destino único e diferencial, apoiando a outras entidades e administracións no desenvolvemento de produtos turísticos competitivos e de calidade.
– A gobernanza turística, incorporando a todos os axentes implicados, e fomentando un modelo de xestión sostible do destino a longo prazo, que se traducirá na execución dos Plans de Turismo Rural e Plan de Gastrononía, ademais de seguir cooperando co Clúster Turismo de Galicia en materia de formación e participación nas principais feiras de turismo nacionais e internacionais. Tamén se compromete a continuidade do Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago e a organización de eventos como Gastroforum, Hotelforum, CSHG Emprende ou Feminino Singular, así como a aposta pola calidade a través da acreditación das Q de Calidade. Tamén se apoiará o desenvolvemento do Sistema Turístico de Calidade en Destino en diferentes concellos e comarcas de Galicia.
– A proxección nacional e internacional do destino, para a captación de turistas e a súa fidelización, a través de accións de promoción de diferentes produtos de turismo especializado, destacando neste sentido a cooperación con outras entidades e a aposta por segmentos co MICE, ao que se dedicarán esforzos de promoción en feiras especializadas, así como darase continuidade ás viaxes de familiarización.

A proposta da Consellería de Cultura e Turismo tamén recolle a continuidade de programas como os Trens Turísticos, as Xornadas de Puertas Abertas das Rutas dos Viños, o Outono Gastronómico, Tapas por Galicia, así como o impulso do turismo náutico e do activo, con novos centros BTT.

No ámbito de proxectos europeos desenvolveranse até catro proxectos con cofinanciación de até o 75% por parte da Unión Europea como o WAOH Route para o desenvolvemento do turismo de mergullo, kaiak e avistamento de cetáceos, o Geres-Xurés Dinámico para o desenvolvemento da reserva da biosfera transfronteiriza na contorna do parque natural do Xurés, o Eurovelo 3 de peregrinación, para o desenvolvemento e promoción desta ruta transnacional de turismo de bicicleta unida aos recursos culturais dos lugares polos que discorre e o Creative Loci-Iacobi para o desenvolvemento mediante as novas tecnoloxías dos recursos patrimoniais do Camiño de Santiago en Europa.

Impulso ao Xacobeo2021
Unha parte importante das propostas destes orzamentos destínanse ao Camiño de Santiago, co desenvolvemento do Plan director do Camiño de Santiago que contribúa á súa mellora, adaptando medidas específicas para cada unha das súas rutas e definindo directrices que contribúan á mellora de aspectos ambientais, urbanísticos, á xestión de fluxos, e á mellora dos trazados e da sinalización, así como á mellora dos servizos turísticos. O 2019 estará orientado á promoción da Vía da Prata e avánzase tamén un gran número de proposta para a programación do Xacobeo2021 para convertelo nunha “gran experiencia humana”, escaparate dunha Galicia organizada, preparada, dinámica e innovadora. Eventos propios, financiamento de proxectos presentados, redefinición doutros como Vive ou Camiño así como iniciativas culturais, deportivas e musicais en torno ao Xacobeo2021 completan a proposta da consellería de Román Rodríguez, que asume boa parte das iniciativas de Turismo de Galicia dándolle un gran peso á celebración do próximo Xacobeo.

Consulta a propossta de orzamentos da Consellería de Cultura e Turismo para 2019

25 de Outubro de 2018

Os orzamentos que propón a Xunta para 2019 inclúen un incremento de 4,3 millóns na partida destinada a Turismo

A nova Consellería de Cultura e Turismo inclúe na súa proposta de orzamentos para o próximo ano, un incremento na partida de turismo, convertido hoxe en […]
04 de Outubro de 2018

Profesionais galegos e madrileños do ámbito da organización de congresos e eventos danse cita na presentación de Galicia Mice en Madrid

O acto contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, nunha velada na que se expuxeron os motivos polos que Galicia é o […]
19 de Setembro de 2018

O turismo rural galego convídanos a descubrir os camiños do outono a través do seu catálogo de produtos

Preto de 40 establecementos de turismo rural de Galicia coordinaron as súas propostas baixo o slogan “Viaxa polos camiños de outono”. O catálogo recolle 37 experiencias […]
10 de Setembro de 2018

Turismo de Galicia reforza a súa colaboración con AGAN para o impulso de dous novos proxectos costeiros

O obxectivo é continuar avanzando no posicionamento de Galicia como destino de turismo náutico de referencia internacional. Turismo de Galicia, Portos de Galicia, AGADER e a […]