Axencia de Turismo de Galicia

A medida está orientada a continuar a mellora das infraestruturas e a oferta turística galega
Os Premios Galicia Parabéns, os do Camiño, as axudas para contratar persoal nas oficinas de turismo e para as festas de interese turístico completan a convocatoria

Turismo de Galicia acaba de lanzar para este 2018 oito novas liñas de axuda para o sector por valor de 5 millóns de euros dirixidas ao sector turístico da Comunidade, ás entidades locais e a diversos colectivos. Entre as novidades da convocatoria destaca o programa de renovación de establecementos de aloxamento, cun investimento de 500.000 euros dirixido a estimular, con ata o 35% do custo, a remodelación e modernización das súas instalacións, o que incrementará a calidade do servizo que prestan. Serán subvencionables accións de mellora de accesibilidade, de aforro enerxético a favor da sustentabilidade ambiental, entre outras.
No campo privado, tamén se incentivará a cooperación entre pequenos operadores, de maneira que deseñen e comercialicen produtos turísticos innovadores conxuntamente. A súa oferta deberá basearse en produtos que diferencian e enriquecen a Galicia como destino, como o Camiño de Santiago, a natureza, os balnearios, a enogastronomía, o turismo mariñeiro, a ruta das camelias, faros e praias salvaxes, patrimonio oculto ou santuarios máxicos. Tamén produtos dirixidos ao público familiar, ao turista sénior, unha oferta para xornadas de choiva, produtos temáticos para fins de semana ou centrados nos diferentes núcleos históricos.
Máis colaboración coas entidades locais
Para profundar na colaboración coa administración local, Turismo de Galicia amplía os fondos dirixidos a concellos, mancomunidades ou geodestinos, entre outros. A liña para melloras nas súas infraestruturas incrementase en 1 millón de euros ata os 2,5 millóns. Ademais, mentres que ata agora procedían de fondos europeos, agora pasan a ser fondos propios.
Máis de 200 entidades locais beneficiáronse deles nos dous últimos anos. Agora, amplíanse os conceptos subvencionables, pois ademais de sinalización e accesibilidade dos recursos, incluiranse actuacións de embelecemento dos accesos, das contornas, dos Bens de Interese Cultural (BIC) xa declarados ou en proceso de selo e iniciativas de posta en valor turístico.
O apoio dos concellos ás 117 festas de Interese Turístico de Galicia, a súa promoción e difusión tamén forman parte das novas liñas de axuda presentadas hoxe por Nava Castro. Igualmente, as subvencións para os 47 concellos declarados municipios turísticos de Galicia, de maneira que poidan reforzar o persoal das súas oficinas de turismo de xuño a setembro.
Premios Galicia Parabéns

Finalmente, esta ambiciosa convocatoria de axudas, que se publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG) de 23 de xaneiro a 2 de febreiro, complétase coa cuarta edición dos Premios Camiño de Santiago, dirixidos a entidades locais, asociacións xacobeas, pemes, centros de ensino básico e investigadores; e coa segunda e terceira edición dos Premios Galicia Parabéns, tamén dirixidos aos concellos en recoñecemento ás súas iniciativas de mellora, de conservación e de embelecemento das súas paisaxes e os seus núcleos de poboación.

Como sinalou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, con todos estes fondos, búscase “facer de Galicia un destino cada vez mellor, máis competitivo e de maior calidade”. “Queremos seguir profundando na desestacionalización da demanda e a diversificación da nosa oferta, de maneira que todos os galegos poidan experimentar os beneficios económicos, sociais e culturais que a actividade turística pode supor”, afirmou a directora de Turismo.

11 de Xaneiro de 2018

Turismo de Galicia impulsa oito novas liñas de axuda para o sector turístico por valor de 5 millóns de euros

A medida está orientada a continuar a mellora das infraestruturas e a oferta turística galega Os Premios Galicia Parabéns, os do Camiño, as axudas para contratar […]
09 de Xaneiro de 2018

Participación do Clúster Turismo de Galicia en Fitur

A poucos días da celebración da nova edición da Feira Internacional de Turismo 2018 en Madrid, o Clúster Turismo de Galicia ultima a súa participación na […]
08 de Xaneiro de 2018

Máis de 2500 persoas participaron na 11ª edición do Outono Gastronómico

A combinación de turismo rural e gastronomía foi elixida por máis de 59.000 persoas nos 11 anos desta iniciativa impulsada por Turismo de Galicia A 11ª […]
22 de Decembro de 2017

Nace o Club da Auga de Galicia, impulsado por Turismo de Galicia

Turismo de Galicia presentou unha nova iniciativa turística, orientada á xeración de produtos turísticos especializados e innovadores que contribúan a contruir unha oferta turística competitiva e […]