Turismo Sostenible

  • O novo sitio é máis intuitivo e incorpora filtros para escoller con maior rapidez ás experiencias sostibles que ofrecen os membros do Club de Produto GDS.
  • ‘Galicia Destino Sostible suma máis de 100 empresas adheridas e conta con máis de 140 experiencias sostibles, e segue aberta a recibir novos membros.

O Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’ é unha iniciativa impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo principal resaltar e integrar a oferta turística galega que promove o desenvolvemento sostible do destino, buscando situarse como referente tanto a nivel nacional como internacional. Este club de produto turístico abarca diversas facetas da oferta galega, promovendo o respecto ao medio ambiente, á cultura e á sociedade.

 

A través da súa plataforma en liña, galiciadestinosostible.com, o Club serve de punto de encontro entre os turistas e as empresas, facilitando o acceso á ampla oferta turística sostible de Galicia. A marca turística estrea unha renovada imaxe web, construíndo un sitio máis atractivo e intuitivo para os visitantes, e incorporando filtros para escoller con maior rapidez as experiencias sostibles que ofrecen os membros do Club de Produto. Agora, o material multimedia suma máis protagonismo, destacando as imaxes de cada unha das experiencias dos asociados: dende rutas en cámper, en barco, en bicicleta ou a pé, ata paquetes turísticos que ofrecen aventura, deporte, gastronomía, enocultura e aloxamento.

 

Fomento do turismo sostible

 

A nova web tamén fomenta o turismo sostible. Agora, os visitantes poderán atopar información sobre o que significa gozar dunha experiencia sostible, e sobre  ser un turista responsable a través do coñecemento, o consumo, o goce e a valoración dos produtos e experiencias turísticas sostibles.

 

Adhesión

 

‘Galicia Destino Sostible’ suma 109 empresas galegas adheridas e conta con ata 147 experiencias sostibles dispoñibles. Para adherirse, as empresas teñen que cumprir a lo menos un requisito habilitante (certificación de sostibilidade; Fair´n Green; Estrela Verde da Guía MICHELIN; pertenza ao proxecto Turismo Slow Norte de Galicia, ou ao Club de produto Ecoturismo de España ou una certificación ambiental: ISO 14000, EMAS, etc.) ou ben o 100% dos obrigatorios e un 33% dos valorables.

 

A adhesión pode solicitarse a través da web galiciadestinosostible.com. Unha vez que o comité asesor acepte a adhesión, a empresa xestionará as súas ofertas desde o portal e gozará das vantaxes de pertencer ao club de produto de xeito gratuíto.

09 de Xullo de 2024

A marca turística ‘Galicia Destino Sostible’ estrea nova páxina web

O novo sitio é máis intuitivo e incorpora filtros para escoller con maior rapidez ás experiencias sostibles que ofrecen os membros do Club de Produto GDS. […]
11 de Xuño de 2024

O Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’ suma máis de 100 empresas adheridas

Bodegas Corisca, Turismo Rural O Vilar, Hotel Alfonso I, Lugar das Marías, Alojamiento Albatros, Hotel Vila do Val, Hotel Camino do Eume, Finca Goleta, Casa Lourán, […]
30 de Maio de 2024
Primavera Puertas Abiertas Ruta Vino Monterrei

A Primavera de Puertas Abertas 2024 nos Roteiros dos Viños de Galicia avanza cara á súa última fin de semana da man da DO Monterrei

A iniciativa percorreu o resto de rutas do viño durante este mes de maio Os participantes puideron gozar de diferentes actividades enmarcadas no contexto do enoturismo […]
30 de Maio de 2024
Clúster Turismo Galicia Jornadas Inversas Toledo

O Clúster acerca Galicia ao mercado europeo nas Xornadas Inversas en Toledo

O evento acolleu a máis de 70 operadores turísticos de toda Europa O Spain Tourism Summit 2024, celebrado entre o 20 e 23 de maio en […]