Turismo Sostenible

  • Preto de dez profesionais participaron a semana pasada nun press trip, organizado polo Clúster para dar a coñecer a plataforma.
  • “Galicia Destino Sostible” busca integrar a oferta de turismo sostible da Comunidade e conta xa con máis de 80 empresas adheridas e máis de 150 produtos.

 

Xornalistas especializados en viaxes que participaron esta semana no press trip, organizado polo Clúster Turismo, para coñecer “Galicia Destino Sostible” cualificaron a iniciativa de “moi positiva”. A plataforma, froito da colaboración entre o Clúster e a Xunta, iniciou a súa andaina en xullo de 2021 co obxectivo de integrar a oferta de turismo sostible da Comunidade. Hoxe ofrece máis de 150 produtos e conta con máis de 80 empresas adheridas. A variedade da oferta e os atributos de Galicia como destino sostible foron outros dos aspectos destacados polos participantes no press trip.

 

Do 4 ao 6 de outubro, un total de 7 profesionais de ABC Viajar, National Geografic Historia, Revista RENFE Gente Viajera-Onda Cero, Fugas Portugal, BBC Travel e os Blogs Un Mundo AlrededorEl Asombrario tiveron a oportunidade de vivir algunhas das experiencias que ofrece “Galicia Destino Sostible”.

 

Os lugares de visita escollidos foron algunhas das zonas menos coñecidas e non incluídas habitualmente en paquetes turísticos. A viaxe comezou na mariña lucense cunha visita ás minas da Pontenova, un exemplo de como transformar un patrimonio industrial nun atractivo turístico responsable. Ademais, os integrantes do press trip visitaron nesta zona a localidade de Ribadeo, a praia das catedrais, o mirador do Fuciño do Porco e o xeoparque de cabo Ortegal; unha distinción outorgada pola UNESCO recentemente. O seguinte destino foi a localidade coruñesa de Betanzos cun paseo polo Parque do Pasatempo.

 

Ademais de gozar da contorna natural, os integrantes do press trip realizaron o Camiño natural da Ruta do Cantábrico en tren, visitaron un taller de artesanía de Sanandresiños en San Andrés de Teixido, e navegaron pola ría de Betanzos en veleiro. A experiencia completouse coas paradas obrigadas para degustar a gastronomía local e a estadía en aloxamentos, tanto de empresas adheridas á plataforma, como doutras que comparten os mesmos valores da iniciativa: o compromiso coa sustentabilidade e o local, o compromiso ambiental e o compromiso co bo goberno, transparencia e boas prácticas.

 

Galicia Destino Sostible

 

“Galicia Destino Sostible” é unha plataforma que permite  conectar  a empresas con viaxeiros que buscan unha experiencia comprometida co desenvolvemento local; co bo uso dos recursos naturais e o apoio á cultura, o patrimonio histórico e a tradición.

 

Toda a súa oferta está dispoñible no portal galiciadestinosostible.com onde se poden atopar desde roteiros en bicicleta, barco ou a pé, ata paquetes que combinan elementos como gastronomía, aloxamento, enocultura, deporte e aventura, pasando por escapadas singulares ou o astroturismo.

09 de Outubro de 2023

Xornalistas de viaxes de medios nacionais e estranxeiros valoran moi positivamente a iniciativa “Galicia Destino Sostible”

Preto de dez profesionais participaron a semana pasada nun press trip, organizado polo Clúster para dar a coñecer a plataforma. “Galicia Destino Sostible” busca integrar a […]
03 de Outubro de 2023

O Club de Produto de Galicia Destino Sostible suma 9 novas empresas

Eat & Walkabout, Cuñas Davia, Bodegas Martín Códax, Aboamigalla, Pazo de Esposende, Casa dos Ulloa, Rutas Meigas, Restaurante Javier Montero e Hotel Javier Montero son as […]
03 de Outubro de 2023

Máis dun cento de profesionais danse cita na presentación do destino Galicia e no workshop de Varsovia

115 profesionais participaron no acto promovido pola Xunta de Galicia, o Clúster Turismo de Galicia e a OET de Varsovia. No que vai de ano, Galicia […]
26 de Setembro de 2023

O Clúster de Turismo achega a iniciativa ‘Galicia Destino Sostible’ a axencias de viaxe nacionais e estranxeiras a través dunha viaxe de familiarización

Durante tres días os representantes das axencias de viaxe gozaron dalgunhas das experiencias de turismo sostible que ofrece a plataforma. O pasado xoves, 21 de setembro, […]