• O investimento canalizarase a través de dúas convocatorias diferentes, a primeira das cales xa saíu no DOG.

 

A Xunta de Galicia aprobou un investimento de 7,8 millóns de euros para mellorar a oferta de aloxamento turístico termal na comunidade, mediante a creación e rehabilitación de hoteis balneario e hoteis talaso. A medida forma parte do Plan territorial de vilas termais e centros históricos, financiado parcialmente con fondos NextGeneration da UE a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, e aplicarase entre 2025 e 2026.

 

Este investimento canalízase a través de dúas convocatorias:

 

  • 1,7 millóns de euros estarán destinados a novas construcións ou reformas que permitan poñer en marcha aloxamentos turísticos termais, sempre que conten con augas certificadas como mineromedicinais ou mariñas. Esta convocatoria xa foi publicada no DOG o pasado venres, 9 de maio, e os gastos subvencionais divídense en dúas liñas:
    • Liña 1: construción, reforma ou rehabilitación sostible de edificios e adaptación de infraestruturas ou instalacións para a posta en marcha dun novo establecemento turístico de aloxamento vinculado a un balneario ou talaso.
    • Liña 2: sistemas de enerxías renovables e economía circular no novo establecemento turístico vinculado a un balneario ou talaso.

 

  • 6,085 millóns de euros dedicaranse á rehabilitación e modernización de hoteis balneario e talaso xa existentes, con especial atención á sostibilidade, a implantación de enerxías renovables e a economía circular. Para optar a estas axudas, será necesario crear polo menos cinco empregos directos e promover actividades que reforcen o turismo sostible e o tecido local.

 

Ademais, a Xunta de Galicia xa anunciou unha terceira liña de actuación, enfocada na difusión da cultura termal galega a través de xornadas, publicacións e outras iniciativas de sensibilización.

12 de Maio de 2025

Galicia impulsará o turismo termal con 7,8 millóns para novos hoteis balneario e talaso

O investimento canalizarase a través de dúas convocatorias diferentes, a primeira das cales xa saíu no DOG.   A Xunta de Galicia aprobou un investimento de […]
14 de Abril de 2025

O centro GaiásTech acollerá a xornada “Máis reservas, menos esforzo: claves para rendibilizar a túa web”

Será o 29 de abril, de 10:30 a 12:00h, e está dirixida ás empresas turísticas da oferta complementaria.   O vindeiro martes 29 de abril de […]
08 de Abril de 2025

O programa ‘Anfitriones’ abre a súa XXVI edición impulsando o talento turístico

Inclúe formacións en sostibilidade, innovación, calidade, competencias dixitais e outras áreas de coñecemento.   A Secretaría de Estado de Turismo anunciou a posta en marcha da […]
11 de Febreiro de 2025

Convocada a liña de axudas para a mellora de infraestruturas en establecementos turísticos de Galicia 2025

O prazo estará aberto do 12 de febrero ata o 11 de marzo. A Axencia de Turismo de Galicia vén de lanzar a nova convocatoria da […]