• Pódese solicitar ata o 13 de outubro ás 23:59 horas.

 

A Axencia de Turismo de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións dirixidas a establecementos e servizos turísticos para os procesos de certificación, seguimento e renovación das normas UNE que permiten obter ou manter a marca Q de Calidade Turística e/o a marca S de Sustentabilidade Turística outorgadas polo Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade (ICTES).

 

O obxectivo da convocatoria é apoiar aos destinos e empresas turísticas na súa aposta pola mellora da calidade e a sustentabilidade, facilitando os custos asociados á certificación externa, o seu seguimento ou renovación, así como os dereitos de uso das marcas Q e S no exercicio 2025.

 

O prazo de solicitudes permanecerá aberto desde o 13 de setembro ata o 13 de outubro de 2025, baixo o código de procedemento TU970A. Poderán optar a estas axudas tanto os concellos galegos e as súas entidades instrumentais que xestionen servizos turísticos públicos, como as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.

 

A convocatoria conta cunha dotación total de 210.000 euros, repartidos en 50.000 € para a categoría de concellos e 160.000 € para entidades privadas.

 

Entre os gastos que poderán recibir financiamento inclúense:

 

  1. Custos de auditorías externas realizadas por entidades acreditadas para a certificación, seguimento ou renovación das marcas Q e S.
  2. Dereitos de uso das marcas facturados polo ICTES unha vez obtida a certificación.

 

Quedan excluídos os custos derivados de auditorías internas, cotas de adhesión, implantación de sistemas, gastos de persoal propio ou tributos recuperables.

 

As solicitudes poderán tramitarse electronicamente ata as 23:59 horas do 13 de outubro de 2025. O prazo de xustificación das axudas finalizará o 28 de novembro de 2025.

 

  • Servizo de consultoría gratuíto do Clúster

 

Este 2025 o Clúster volveu poñer ao dispor do sector o seu servizo gratuíto de consultoría para a obtención e/ou mantemento da Q de Calidade e a S de Sustentabilidade Turística, unha iniciativa dirixida a facilitar os procesos de certificación ás empresas do sector interesadas en reforzar o seu compromiso coa excelencia e a sustentabilidade. As entidades interesadas en acceder a este servizo poden enviar un correo manifestando o seu interese á dirección electrónica secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou chamar ao 881 24 74 36.

16 de Setembro de 2025

Turismo de Galicia abre a convocatoria de axudas 2025 para a certificación da Q de Calidade e a S de Sustentabilidade

Pódese solicitar ata o 13 de outubro ás 23:59 horas.   A Axencia de Turismo de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de […]
08 de Setembro de 2025

Consulta la programación formativa de Turismo de Galicia para este otoño con cursos de idiomas y webinars sobre transformación digital

Turismo de Galicia anunciou a posta en marcha dunha nova oferta formativa para profesionais do sector turístico, enmarcada no Plan de Formación 2025, coa que se […]
08 de Setembro de 2025

O Igape abre unha liña de axudas para negocios afectados polos incendios forestais

Os establecementos turísticos poden optar a esta subvención   O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) puxo en marcha unha convocatoria de axudas urxentes destinada a […]
08 de Setembro de 2025

O CIFP Carlos Oroza lanza un curso gratuíto de Servizos de Restaurante para traballadores de empresas do Clúster

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Carlos Oroza de Pontevedra acaba de abrir a inscrición para unha formación exclusiva en servizos de restaurante, dirixida de […]