A Xunta de Galicia anunciou a semana pasada a ampliación do prazo para optar ás axudas destinadas a impulsar o turismo termal na comunidade. As persoas e entidades interesadas en poñer en marcha ou reformar establecementos vinculados a balnearios ou talasos poderán presentar a súa solicitude ata o próximo 18 de agosto de 2025, un mes máis tarde da data inicialmente prevista.

 

  • O investimento total roza os 8 millóns de euros

 

Esta liña de apoios forma parte do Plan de Turismo Termal de Galicia e contempla unha dotación total próxima aos 8 millóns de euros, repartidos entre dúas convocatorias independentes. Ambas funcionan baixo réxime de concorrencia non competitiva.

 

A primeira convocatoria, cun investimento de 1,7 millóns de euros, está enfocada en fomentar novos establecementos turísticos vinculados ao termalismo, incluíndo tanto obras de construción e rehabilitación sostible como a incorporación de sistemas de enerxías renovables e economía circular.

 

Pola súa banda, a segunda convocatoria, con máis de 6 millóns de euros de orzamento, está orientada a mellorar a oferta existente de hoteis balneario e hoteis talaso xa en funcionamento. Esta liña inclúe tres eixos de actuación: a reforma ou rehabilitación do inmoble, a mellora da eficiencia enerxética e a sustentabilidade, e a promoción da cultura termal a través de accións de comunicación e divulgación.

 

  • Os gastos subvencionables poderán realizarse ata xuño de 2026

 

Os proxectos seleccionados terán como data límite o 30 de xuño de 2026 para executar e xustificar os gastos subvencionables.

 

Con esta ampliación de prazo preténdese facilitar a participación do maior número posible de axentes do sector, incentivando así unha maior transformación e modernización da oferta termal galega, cun enfoque sostible, competitivo e aliñado co turismo de saúde e benestar.

21 de Xullo de 2025

A Xunta de Galicia amplía ata o 18 de agosto o prazo para solicitar as axudas a establecementos termais

A Xunta de Galicia anunciou a semana pasada a ampliación do prazo para optar ás axudas destinadas a impulsar o turismo termal na comunidade. As persoas […]
12 de Maio de 2025

Galicia impulsará o turismo termal con 7,8 millóns para novos hoteis balneario e talaso

O investimento canalizarase a través de dúas convocatorias diferentes, a primeira das cales xa saíu no DOG.   A Xunta de Galicia aprobou un investimento de […]
11 de Febreiro de 2025

Convocada a liña de axudas para a mellora de infraestruturas en establecementos turísticos de Galicia 2025

O prazo estará aberto do 12 de febrero ata o 11 de marzo. A Axencia de Turismo de Galicia vén de lanzar a nova convocatoria da […]
19 de Novembro de 2024

A Xunta amplía ata o 9 de decembro o prazo para solicitar axudas de eficiencia enerxética no sector turístico

A convocatoria está aberta a establecementos de aloxamento e, por primeira vez, de restauración tamén. A Xunta de Galicia estendeu ata o 9 de decembro o […]