• A convocatoria está aberta a establecementos de aloxamento e restauración.

As empresas turísticas de Galicia teñen ata o 14 de novembro de 2024 para solicitar as axudas destinadas a mellorar a eficiencia enerxética nos seus establecementos. Esta convocatoria, impulsada por Turismo de Galicia e financiada con 10 millóns de euros procedentes de fondos europeos, está aberta tanto para aloxamentos como para establecementos de restauración.

 

A convocatoria permite obter ata un 70% de subvención sobre o custo total do proxecto, con posibilidade de aumentar ao 80% ou mesmo ao 90% se se logran demostrar aforros significativos en enerxía primaria non renovable. As axudas cobren unha ampla gama de accións, desde a mellora da envolvente térmica ata a instalación de sistemas fotovoltaicos e a renovación de electrodomésticos.

 

Entre as novidades desta edición inclúense a eliminación da antigüidade mínima dos edificios e a posibilidade de rehabilitar só partes dun edificio en lugar de requirir a renovación completa.

 

Os gastos subvencionables deberán ser realizados antes de abril de 2025, o que brinda ás empresas turísticas galegas unha oportunidade significativa para actualizar as súas instalacións e adoptar prácticas máis sostibles e eficientes. A tramitación pódese realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, código de procedemento: TU986B.

20 de Agosto de 2024

As empresas turísticas galegas poden solicitar as axudas de eficiencia enerxética ata o 14 de novembro

A convocatoria está aberta a establecementos de aloxamento e restauración. As empresas turísticas de Galicia teñen ata o 14 de novembro de 2024 para solicitar as […]
20 de Agosto de 2024

Turespaña organiza catro xornadas para potenciar o turismo en EE.UU., Brasil, Xapón e Reino Unido

Levaranse a cabo entre o 4 de setembro e o 23 de outubro. Turespaña anunciou a organización de catro xornadas informativas dirixidas a reforzar a oferta […]
20 de Agosto de 2024

Volven os cursos de formación gratuítos impartidos pola Secretaria de Estado de Turismo

As formacións gratuítas acollen diversas temáticas vinculadas ao sector que comezarán o vindeiro cinco de setembro. O “proxecto Anfitrións do Turismo”, promovido pola Secretaría de Estado […]
12 de Agosto de 2024

Aínda quedan tres bolsas dispoñibles para formarse no Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería do CSHG

As axudas cobren o 100% do aloxamento na residencia do CSHG durante a formación. Os requisitos para poder matricularse son ter experiencia de 6 meses nun […]