• Rivadulla é presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI) desde 2016.

 

O Consello Directivo da Confederación Española de Axencias de Viaxes (CEAV) nomeou a pasada semana a Juan A. Rivadulla como secretario xeral. Rivadulla, que preside a Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI) desde 2016, é membro do Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia, así como do Consello de Turismo de Galicia, e dos Consellos de Turismo de Lugo e de Santiago.

 

Rivadulla releva a Jorge Moncada, que foi recentemente nomeado director xeral de Turismo e Hostalería do Gobierno de Aragón. O Clúster traslada os seus parabéns a Juan A. Rivadulla, que ata agora ocupaba unha vicepresidencia en CEAV.

 

Tras o seu nomeamento, Rivadulla sinalou que “é unha honra facerme cargo da secretaría xeral da confederación e achegar o meu gran de area. Son un firme defensor do asociacionismo e desde aquí loitamos polas axencias de viaxes en todos os ámbitos. Isto non sería non posible sen a unión e o traballo de todos”.

 

Sobre CEAV

 

CEAV é a Confederación Española de Axencias de Viaxes. Como aglutinadora das asociacións de axencias de viaxes, é a interlocutora válida ante a administración e outras entidades. Entre as súas funcións principais atópanse defender os intereses dos propios asociados, promover e conseguir o desenvolvemento do sector e favorecer as relacións entre os diferentes actores do sector turístico.

 

Foi constituída en 2005 e, tras un proceso integrador en 2011, conseguiu reunir á práctica totalidade das asociacións españolas de axencias de viaxes. Actualmente, aglutina a 28 asociacións empresariais nas que están integradas máis de 4.000 axencias de viaxes que contan con preto de 60.000 profesionais.  A Asociación está presidida por Carlos Garrido.

09 de Outubro de 2023

O integrante da directiva do Clúster Turismo de Galicia, Juan A. Rivadulla, vén de ser nomeado novo secretario xeral da Confederación Española de Axencias de Viaxe

Rivadulla é presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI) desde 2016.   O Consello Directivo da Confederación Española de Axencias de Viaxes (CEAV) nomeou […]
09 de Outubro de 2023

Xornalistas de viaxes de medios nacionais e estranxeiros valoran moi positivamente a iniciativa “Galicia Destino Sostible”

Preto de dez profesionais participaron a semana pasada nun press trip, organizado polo Clúster para dar a coñecer a plataforma. “Galicia Destino Sostible” busca integrar a […]
18 de Setembro de 2023

O Clúster organiza unha nova misión comercial á WTM de Londres

Unha vintena de empresas galegas poderán participar na viaxe á feira internacional de turismo, que terá lugar na capital británica do 6 ao 8 de novembro. […]
19 de Xullo de 2023

A creación do bono Xacobeo Xove, o reforzo das actividades de promoción e internacionalización e a consolidación de diferentes produtos turísticos centraron a actividade do Clúster no último ano

A Asemblea anual do Clúster Turismo de Galicia, celebrada en Santiago, fixo balance das actuacións desenvolvidas en 2022 e deu conta das previstas para este ano. […]