destacados

  • As xornadas tiveron lugar do 9 ao 12 de xuño en Sevilla.
  • Estiveron presentes máis de 75 axentes norteamericanos.

 

O Clúster Turismo de Galicia participou entre o 9 e o 12 de xuño nas xornadas inversas organizadas por Turespaña en Sevilla, orientadas a potenciar a comercialización turística con operadores de Estados Unidos e Canadá, dous mercados en crecemento que espertan un interese cada vez maior por Galicia.

 

Durante o evento, no que estiveron presentes máis de 75 axentes norteamericanos, o Clúster presentou os catálogos promocionais “Galicia Travel Agencies” e “Galicia, un luxo para os teus sentidos”, co obxectivo de darlle visibilidade á variedade e calidade de experiencias que ofrece o tecido empresarial turístico galego.

 

No marco da misión comercial organizada polo CTG, tamén participaron participaron The Way Tours, Eat&Walkabout e Tee Travel, tres empresas de receptivo galegas que mantiveron reunións cos operadores norteamericanos e contribuíron a dar a coñecer de primeira man a diversidade da oferta turística galega.

 

En total, tanto o Clúster coma as empresas participantes mantiveron máis de 70 reunións con operadores turísticos de EE. UU. e Canadá. O balance da participación foi moi positivo, cunha notable acollida e interese por parte dos asistentes, atraídos pola riqueza natural, cultural, enogastronómica e espiritual de Galicia, co Camiño de Santiago como un dos principais referentes do destino.

 

17 de Xuño de 2025

O Clúster Turismo de Galicia promociona a oferta galega nas xornadas inversas de Turespaña con EE. UU. e Canadá

As xornadas tiveron lugar do 9 ao 12 de xuño en Sevilla. Estiveron presentes máis de 75 axentes norteamericanos.   O Clúster Turismo de Galicia participou […]
17 de Xuño de 2025

O Clúster renova o seu servizo gratuíto de consultoría para a certificación en calidade e sostibilidade turística

As entidades interesadas en acceder a este servizo poden enviar un correo manifestando o seu interese á dirección secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou chamar ao 881 24 74 36. […]
02 de Xuño de 2025

Cesáreo Pardal reivindica o valor das profesións turísticas no Encontro Sectorial do Plan Conecta FP Galicia

O evento reuniu a máis dun cento de representantes do ámbito educativo e empresarial para fortalecer a formación profesional en turismo, hostalería e industrias alimentarias.   […]
27 de Maio de 2025

Más de 160 axentes turísticos coñecen de primeira man a oferta galega nos workshops do Clúster Turismo de Galicia en Valencia e Oporto

26 empresas galegas, xunto a Turismo de Galicia, Galicia Destino Sostible e Turismo de Sanxenxo, participaron no evento.   O Clúster Turismo de Galicia reuniu a […]