Xunta de Galicia

Manteranse encontros coas distintas autoridades portuarias galegas para estudar unha folla de ruta que permita a posta en valor dos distintos equipamentos

A Xunta e Portos do Estado acordaron desenvolver xunto coas distintas autoridades portuarias galegas unha estratexia para planificar dotacións culturais e turísticas nos faros da Comunidade que actualmente non contan cun uso habitacional. Segundo detallaron, os futuros usos de cada un dos equipamentos será avaliado en función das súas características, tendo en conta as necesidades da contorna local. Con este fin, convocarase unha xunta de planificación con representantes da Xunta, Portos del Estado e das diferentes autoridades portuarias galegas que sirva de folla de ruta para facilitar a posta a disposición á sociedade destes equipamentos de gran interese patrimonial e paisaxístico dunha maneira planificada, facilitando a xestión dos trámites administrativos en espazos tan sensibles como o dos emprazamentos dos faros.

En concreto, o titular de Cultura e Turismo subliñou que esta estratexia permitirá xerar diferentes produtos turísticos e culturais especializados en diferentes emprazamentos costeiros da xeografía galega, favorecendo un turismo de alta calidade. De feito, avanzou que esta iniciativa achegará unha visión integral que terá en conta proxectos xa existentes como a Ruta dos Faros ou a Senda dos Faros e permitirá deseñar un itinerario de gran interese paisaxístico para fomentar o descubrimento do litoral e a posta en valor dos recursos territoriais.

Pola súa banda, o presidente de Portos del Estado mostrouse moi receptivo á proposta da Xunta, asegurando que o proxecto Faros de España experimentaría un notable avance, tratando de axilizar os trámites obrigatorios para este tipo de proxectos.

Oferta turística das zonas costeiras
Román Rodríguez apuntou que, na actualidade, o turismo mariñeiro destaca por promover o desenvolvemento dos distintos territorios dunha maneira sustentable, respectando os valores de cada zona. Precisamente, avanzou que o Goberno galego traballa xa na posta en marcha dun itinerario litoral que permita ás zonas costeiras xerar unha oferta turística baseada na súa riqueza patrimonial e cultural.

Neste sentido, o conselleiro de Cultura e Turismo lembrou que Galicia é a Comunidade con máis quilómetros de costa e conta, así mesmo, cunha ampla diversidade paisaxística e patrimonial vinculada ao mundo marítimo pesqueiro e unha ampla oferta gastronómica baseada nos produtos do mar. Nesta estratexia, que está chamada a ter un papel moi importante no post Xacobeo 21, búscase crear unha oferta turística e cultural que posibilite o coñecemento dalgúns dos espazos máis emblemáticos da costa galega.

09 de Outubro de 2019

Xunta e Portos do Estado acordan unha estratexia para planificar dotacións culturais e turísticas en faros

Manteranse encontros coas distintas autoridades portuarias galegas para estudar unha folla de ruta que permita a posta en valor dos distintos equipamentos A Xunta e Portos […]
24 de Setembro de 2019

O CSHG afronta un plan de renovación por importe de máis de 5 millóns de euros para converterse en centro de referencia en innovación turística

Implantarase o grao de Innovación Gastronómica e Xestión Hostaleira na Universidade de Santiago coa colaboración do sector A Xunta de Galicia presentou o plan de acción […]
19 de Setembro de 2019

A Xunta lanza unha nova liña de axudas de 500.000 euros para impulsar o turismo de congresos

No marco do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021, a Xunta acaba de aprobar unha nova liña de subvencións dirixida as entidades organizadoras de congresos, seminarios ou […]
17 de Setembro de 2019

Unha plataforma en liña comercializará a oferta enoturística do cinco rutas do viño de Galicia

En virtude dun convenio asinado entre as Asociacións das Rutas do Viño de Galicia e a Xunta de Galicia, a administración pública dotará a oferta enoturística […]