O Clúster Turismo de Galicia contou coa súa propia caseta para ofrecer información dos seus asociados

A oferta turística galega así como os principais atractivos do noso territorio ou as festas de interese turístico que se celebran na comunidade foron algúns dos alicientes para os visitantes do Salón do Turismo de Galicia, Turexpo, que celebrou a súa terceira edición, conxuntamente con FESTUR, no marco da celebración da Semana Verde de Silleda, o que garantiu un gran fluxo de persoas durante o catro xornadas, pero especialmente durante o fin de semana. Durante eses días, o Clúster Turismo de Galicia contou coa súa propia caseta no que se ofreceu información sobre a entidade e os seus asociados, con especial interese pola oferta de turismo rural.

Xornadas profesionais
Ademais de promocionar a oferta turística galega ao público en xeral, Turexpo foi punto de encontro para o sector, a través da bolsa de contratación turística que permitiu dar a coñecer os produtos e servizos turísticos galegos aos 30 turoperadores de 10 países distintos que asistiron este ano para captar as propostas turísticas que poden comercializar ao público final nolos seus lugares de orixe.

Neste sentido, os turoperadores, ademais de manter preto de 1.280 reunións de traballo cunhas 80 empresas da Comunidade, realizaron varias viaxes de familiarización polas terras galegas. Desde o venres visitaron lugares como o Centro histórico de Pontevedra, Vigo, as Illas Cíes, Baiona e Compostela.

Festur e folleto de festas de interese turístico
Os asistentes tamén puideron coñecer a oferta de Festur, un atractivo escaparate de moitas das celebracións galegas recoñecidas como de interese turístico polas súas significacións culturais ou gastronómicas. Estas festas son máis de 100 na Comunidade e 6 delas foron declaradas neste ano 2016: a Pantín Classic Galicia Prol de Valdoviño, a Feira do Queixo do Cebreiro, a Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei, o Entroido de Vilariño de Conso, a Feira do Viño do Rosal e a Festa do Viño do Condado.

Tamén se aproveitou o encontro para repartir o novo folleto de festas de interese turístico editado por Turismo de Galicia, no cal se recollen os principais datos das celebracións galegas así declaradas a nivel comunitario, estatal e internacional.

13 de Xuño de 2016

Turexpo e Festur promoveron a oferta turística galega no marco da Semana Verde de Silleda

O Clúster Turismo de Galicia contou coa súa propia caseta para ofrecer información dos seus asociados A oferta turística galega así como os principais atractivos do […]
16 de Maio de 2016

Turexpo e Festur celebraranse conxuntamente coa Semana Verde de Silleda do 9 ao 12 de xuño

Turexpo, o Salón Turístico de Galicia, celebrarase conxuntamente no marco da Feira Internacional Semana Verde, que se desenvolverá en Silleda do 9 ao 12 de xuño. […]
20 de Marzo de 2015

Galicia, destino único

A directora de Turismo de Galicia, acompañada dos alcaldes da comarca, inauguraron a 5ª edición de Turexpo en Silleda A ampla e diversa oferta turística galega que […]
17 de Marzo de 2015

Turexpo celebró una nueva edición de su bolsa de contratación con la presencia de 50 turoperadores de 17 países

El Salón Turístico que se celebra en Silleda del 20 al 22 de marzo acogió también actividades para el público general con degustaciones, turismo activo y […]