Termatalia

Unibike, en Madrid, JATA en Xapón, Gran Pavois en Francia e Termatalia en México serán as citas nas que estará presente o sector a través de Turismo de Galicia

Co comezo do mes de setembro reactívase a axenda de feiras sectoriais nas que a oferta turística galega estará presente. Así, durante este mes e a través de Turismo de Galicia, as empresas do sector estarán presentes en cuato citas importantes para o sector, tres internacionais e unha nacional. Esta última é o certame Unibike de Madrid, que se celebrará do 23 ao 25 deste mes na capital orientada á promoción do cicloturismo e que terá como principal obxectivo a posta en contacto con operadores especializados neste sector que aposten por Galicia para a práctica deste deporte.

Xapón, Francia e México
En canto ás citas internacionais, Turismo de Galicia reforzará a promoción de destino coa participación na feira JATA de Xapón, entre o 22 e o 25 de setembro. O mercado nipón é un dos nichos de internacionais de mercado emerxentes para Galicia, moi sensible con todo o vinculado co Camiño de Santiago. Non en balde, ao longo do ano 2015 o mercado turístico xaponés en Galicia experimentou un crecemento importante no que alcanza ao segmento hostaleiro onde creceu nun 19% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 3% as pernoctaciones.

Turismo náutico
Así mesmo, para a promoción específica dun dos produtos turísticos galegos máis singulares, Turismo de Galicia levará a oferta de turismo náutico á feira especializada Grand Pavois, un dos principais escaparates para a promoción da náutica deportiva en Francia, xunto co Salón Náutico de París, que se celebrará na cidade francesa da Rochelle entre os días 28 de setembro e 3 de outubro.

Por último, un ano máis Turismo de Galicia participará en Termatalia México, Feira Internacional do Turismo Termal e referente mundial do turismo de saúde e unha ponte de conexión entre a tradición termal europea e o potencial termal de Iberoamérica. Así, constitúe unha oportunidade única para pór de manifesto a innovación e a capacidade de dinamización e de activación económica dun sector estratéxico para o turismo galego.

06 de Setembro de 2016

A oferta turística galega estará presente en catro feiras sectoriais no mes de setembro

Unibike, en Madrid, JATA en Xapón, Gran Pavois en Francia e Termatalia en México serán as citas nas que estará presente o sector a través de […]
05 de Setembro de 2016

Expourense asina un convenio de colaboración co Servizo de Nacional de Aprendizaxe de Colombia do que se beneficiará Termatalia e Xantar

Expourense asinou un convenio de colaboración e asesoramento en Colombia coa institución encargada da formación profesional a nivel estatal, o Servizo Nacional de Aprendizaxe (SENA) en […]
05 de Agosto de 2016

O Clúster Turismo de Galicia participará en Termatalia México en accións de promoción para os seus asociados

Co obxectivo de contribuír a situar a imaxe de calidade das empresas turísticas galegas no mercado mexicano, o Clúster de Turismo de Galicia participará na Feira […]
11 de Xullo de 2016

O Campus da auga de Vigo promocionarase en Termatalia México

A través dun convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e Expourense Do mesmo xeito que xa se fixo con ocasión da celebración de Termatalia […]