Q de Calidad

Até o 2 de xuño está aberto o prazo para a solicitude destas axudas que quedaron paralizadas como consecuencia da pandemia

A Consellería de Cultura e Turismo volveu a reactivar o prazo de presentación para beneficiarse da liña de axudas para a certificación, seguimento e renovación das normas da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), que tivo que ser paralizado como consecuencia da suspensión dos prazos administrativos que se decretou coa declaración do estado de alarma.

Consciente do impacto da crise sanitaria no turismo, a Xunta de Galicia dá continuidade ao proceso desta convocatoria coa intención de contribuír á reactivación do sector turístico con esta liña de axudas que conta cunha contía global de 130.000 euros, o que supón un incremento do 30% con respecto a cantidade da anterior edición

Até o 2 de xuño
O prazo para presentar a solicitude está aberto até o 2 de xuño. Poden presentarse tanto persoas físicas e xurídicas persoais como tamén, como novidade neste ano, os concellos. As axudas, que se tramitarán en réxime de concorrencia competitiva, recolle a opción de bonificar as actuacións correspondentes a primeira certificación, seguimento e/ou renovación de márcaa Calidade Turística Q do ICTE deste ano, que se iniciasen a partir do 1 de xaneiro de 2020. En concreto, poderanse incluír custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE. Os importes serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría do ano 2020. Tamén serán subvencionables os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2020, unha vez conseguida a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

28 de Maio de 2020

Reactivado o prazo para que empresas e concellos soliciten axudas para renovación ou certificación da Q de Calidade Turística

Até o 2 de xuño está aberto o prazo para a solicitude destas axudas que quedaron paralizadas como consecuencia da pandemia A Consellería de Cultura e […]
05 de Marzo de 2020

A Xunta incrementa un 30% as axudas para que sector e concellos accedan á certificación da Q de Calidade Turística

Cunha contía global de 130 mil euros, a Xunta de Galicia lanza unha convocatoria dirixida tanto á administración locais como ás empresas privadas para que aposten […]
12 de Febreiro de 2020

A Xunta avanza na implantación da Q de Calidade Turística no Camiño de Santiago, rutas do viño e espazos públicos singulares

Galicia será pioneira este 2020 co deseño, por primeira vez en España, de criterios de excelencia turística nestes lugares para afondar no modelo de calidade En […]
20 de Xaneiro de 2020

O Clúster de Turismo de Galicia recibiu o Premio Q de Calidade Turística durante a celebración de Fitur

O Clúster Turismo de Galicia recibiu o Premio Q de Calidade Turística concedido polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) durante a celebración de Fitur, […]