Facendo Camiño, proxecto para sensibilizar, pór en valor e analizar o Camiño de Santiago analiza un tramo deste itinerario, no marco do programa “O teu Xacobeo”, da Xunta de Galicia

Profesionais procedentes de diferentes ámbitos do sector turístico participan esta semana nunha iniciativa de Proturga para analizar e pór en valor os diferentes itinerarios do Camiño de Santiago, Facedo Camiño. No marco do seu proxecto “O Teu Xacobeo”, Proturga vén desenvolvendo desde o pasado mes de novembro diferentes xornadas con profesionais do sector que sirvan como viaxes de familiarización para achegar coñecemento e mellorar as capacidades destes profesionais como futuros prescriptores do Camiño de Santiago.

Tras as xornadas celebradas en torno ao Camiño Inglés e Portugués, este mes de xaneiro é a quenda para o Camiño Portugués pola Costa, que se desenvolve o 16 de xaneiro a través dun programa que comezará en Baiona con visita ao centro histórico e á Casa da Navegación para posteriormente trasladarse á veciña Oia e gozar do seu mosteiro. Xa pola tarde realizarase o traslado á localidade portuguesa de Caminha, tomando o transbordador até A Guarda para camiñar despois seguindo os ritmos do mar.

O obxectivo é poder ver a riqueza e variedade da zona como oferta turística complemetaria para o camiñante e poder estudar un camiño que experimentou un meteórico incremento de peregrinos nos últimos anos. Para finalizar a xornada, os profesionais do turismo participantes, chegados desde diferentes ámbitos (aloxamento, restauración, axencias de viaxe, guías de turismo, técnicos de turismo, persoal de oficinas de turismo e consultores, entre outros) porán en común apreciacións, destacando os puntos fortes e tamén aqueles aspectos a mellorar.

Até maio seguiranse realizando estas viaxes de familiarización en 10 tramos das 10 rutas que compoñen o Camiño de Santiago. Nestas viaxes participarán profesionais do turismo de Galicia que coñecerán in situ o produto estrela da comunidade e analizarán o estado do trazado e dos recursos e servizos en cada unha das rutas no marco do programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta de Galicia.

15 de Xaneiro de 2020

O Camiño Portugués pola Costa a exame a través do proxecto Facendo Camiño de Proturga

Facendo Camiño, proxecto para sensibilizar, pór en valor e analizar o Camiño de Santiago analiza un tramo deste itinerario, no marco do programa “O teu Xacobeo”, […]
27 de Novembro de 2019

Arrinca o proxecto “Facendo Camiño”, viaxes de familiarización no Camiño de Santiago, organizado por Proturga

De novembro a maio, PROTURGA levará a cabo 10 viaxes de familiarización en 10 tramos das 10 rutas que compoñen o Camiño de Santiago baixo o […]
01 de Outubro de 2019

Proturga lanza unha guía para sensibilizar sobre a profesionalización do sector turístico galego

A Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia, PROTURGA, lanzou a primeira Guía de Profesionalización do Turismo, unha publicación que pode descargarse da súa web, e […]
20 de Marzo de 2019

Proturga dedica este ano o seu foro ao turismo termal como dinamizador de destinos

A cuarta edición deste encontro contará coa participación dunha ducia de profesionais vinculas co termalismo e a súa comercialización O termalismo como eixo dinamizador do turismo […]