A presenza de Costa da Morte non se fixo esperar este ano en Fitur, concentrándose na primeira xornada con tres presentacións agrupadas e a posta de longo oficial do Gran Fondo Ézaro, unha cicloturista que percorre a Costa da Morte e finaliza nos 1,8 quilómetros de Ézaro e que xa se asentou no calendario nacional e internacional e que se celebrará o próximo 7 de xullo co obxectivo de reunir a 1400 cicloturistas.
A primeira presentación correu a cargo de Costa da Morte Asociación Turística ( CMAT), dedicada ao patrimonio inmaterial da Costa da Morte coa presentación de paquetes turísticos especializados. Seguiulle a presentación da próxima edición da Feira do Encaixe de Camariñas, o Camiño a Fisterra e Muxía (a través da entidade Solpor e o seu presidente, Jesús Picallo), e Turismo Rural Muxía Natural que deron a coñecer as súas propostas sobre as lendas das Pedras da Barca.
A presenza de Costa da Morte non se fixo esperar este ano en Fitur, concentrándose na primeira xornada con tres presentacións agrupadas e a posta de […]
Baixo o título “Cinco anos de colaboración público-privada”, o Clúster Turismo de Galicia tamén protagonizará unha das 45 presentacións que se desenvolverán na caseta de Galicia […]
O CTG protagonizou unha das presentacións na caseta de Galicia na última xornada profesional da feira Galicia Destino Familiar, Galicia MICE, Galicia Destino Activo, Enoturismo Galicia […]