Poden concorrer concellos e entidades locais, colectivos xacobeos, pequenas e medianas empresas, investigadores ou traballos de centros educativos, entre outros

A Xunta de Galicia convocou unha nova edición dos Premios Camiño de Santiago 2019 dotados con 55 mil euros en premios e cos que se recoñece a traxectoria e compromiso en en o ámbito da ruta de diversos colectivos nacionale e internacionais, incluíndo actuacións públicas e persoais destinadas a conservar e mellorar o Camiño de Santiago, pero tamén investigacións e traballos que incidan na súa divulgación.

Os premios inclúen catro categorías: a primeira distingue as actuacións realizadas polos concellos, as agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas galegas polos que discorra calquera das rutas do Camiño de Santiago oficialmente declaradas.

A segunda categoría premia as actuacións realizadas polas asociacións de amigos do Camiño de Santiago. Como novidade con respecto a anos anteriores, establécense aquí dúas modalidades: asociacións de ámbito nacional e asociacións de ámbito internacional. A terceira liña distingue as actividades desenvolvidas polas persoas físicas ou xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que estean comprendidos na definición de pequena e mediana empresa.

Finalmente, a cuarta recoñece as iniciativas ou as actividades de carácter académico, investigador ou educativo, incluíndo por unha banda a modalidade de traballos de investigación desenvolvidos por universidades, centros de investigación ou similares e por outra banda a modalidade á que poderán optar os traballos de carácter educativo de centros de ensino de educación non universitaria da Comunidade galega.

A convocatoria realízase en réxime de concorrencia competitiva e para as categorías primeira e terceira establécense dous premios, un primeiro de 15.000 euros e un segundo de 5.000 euros. Na segunda categoría establécese un galardón de 10.000 euros para a modalidade de asociacións de ámbito nacional e outros 10.000 euros para a premiada como asociación de ámbito internacional. Na cuarta categoría, destinaranse 10.000 euros para a primeira modalidade e 5.000 euros para a segunda, que se corresponde cos traballos nos centros de ensino de educación non universitaria da Comunidade galega. Os interesados en concorrer a estes premios poden consultar as bases da convocatoria así como a documentación precisa a presentar e os prazos no DOG.

08 de Abril de 2019

A Xunta convoca os premios Camiño de Santiago 2019 que distinguen o papel da sociedade e institucións no ámbito xacobeo

Poden concorrer concellos e entidades locais, colectivos xacobeos, pequenas e medianas empresas, investigadores ou traballos de centros educativos, entre outros A Xunta de Galicia convocou unha […]
31 de Xaneiro de 2019

Nova edición dos Premios Galicia Parabéns, que distinguen iniciativas de embelecemento paisaxístico

Concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e os consorcios locais galegos que cumpran os requisitos poden presentar a súa candidatura á terceira edición dos Premios Galicia Parabéns, […]
27 de Decembro de 2018

A comunidade de Presume de Galicia entrega os seus premios a dous “presumidores” da Coruña e Baiona

Este ano a comunidade virtual creada para pór en valor o territorio especialmente entre os galegos superou o 110 mil usuarios Máis de 200 fotografías subíronse […]
24 de Outubro de 2018

Tres asociados da Ruta do Viño Rías Baixas, recoñecidos nos Premios de Enoturismo Rutas do Viño de España 2018

Tres asociados da Ruta do Viño Rías Baixas, integrada no Club de Produto das Rutas do Viño de España, foron galardoados nos Premios de Enoturismo Rutas […]