plan de reactivación

Impulsaranse experiencias en áreas estratéxicas para diversificar a actividade turística como a Ribeira Sacra, a Costa da Morte ou os Camiños de Santiago

As axencias ofrecerán descontos de até o 10% a particulares que contratasen un paquete fóra de Galicia e decidan reorientalo á Comunidade

A Asociación de Axencias de Viaxe de Galicia (AGAVI) e a Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia (ATREGA) asinaron senllos convenios de colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo por valor de 500.000 euros para combater os efectos económicos da covid-19 no sector turístico incentivando o consumo con novas iniciativas que faciliten as viaxes na Comunidade.

O obxectivo deste convenio é reactivar este subsector da turoperación e evitar a anulación de paquetes turísticos por parte dos usuarios, ofrecendo descontos de até o 10% a aqueles particulares que contratasen un paquete para viaxar fóra de Galicia nunha data posterior á declaración do estado de alarma e decidan agora cambialo por unha experiencia no interior de Galicia. Primaranse produtos consolidados como o Outono Gastronómico, experiencias en balnearios, rutas enoturísticas ou a participación en Elixe Galicia, a iniciativa posta en marcha pola Xunta para promover o turismo interno fóra de tempada.

Como explicou o titular de Cultura e Turismo da Xunta, Román Rodríguez, a colaboración con AGAVI que ascende a 300.000 euros permitirá, ademais, facilitar que as familias percorran Galicia e coñezan os seus recursos. Deste xeito, crearanse novos produtos e experiencias pensados para este mercado dándolles facilidades para o seu financiamento, pois poderán pagar de maneira fraccionado nun prazo de entre seis e 12 meses sen custe adicional.

Experiencias vinculadas ao Xacobeo 2021
No que se refire á colaboración cos turoperadores, materializada a través de ATREGA, a contía ascende a 200.000 euros e o convenio inclúe a posta en marcha de novos produtos turísticos vinculados ao Xacobeo 2021. Priorizaranse áreas estratéxicas que permitan diversificar a actividade turística polo territorio galego, como a Ribeira Sacra, a Mariña Lucense, a Costa da Morte ou os diferentes itinerarios dos Camiños de Santiago. Neste sentido, crearanse experiencias para grupos, programas de escapadas e iniciativas que unan a enogastronomía, o termalismo e actividades na contorna rural e o patrimonio cultural.

08 de Xullo de 2020

Axencias de Viaxes e turoperación impulsarán o turismo de proximidade en virtude de dous convenios asinados coa Xunta por valor de medio millón de euros

Impulsaranse experiencias en áreas estratéxicas para diversificar a actividade turística como a Ribeira Sacra, a Costa da Morte ou os Camiños de Santiago As axencias ofrecerán […]
02 de Xullo de 2020

Aberto prazo de inscrición para as empresas turísticas que desexen adherirse ao Bono Turístico #QuedamosenGalicia

Aloxamentos turísticos e axencias de viaxes galegas inscritas no REAT poden sumarse a esta iniciativa conxunta da Xunta e Clúster Turismo de Galicia para reactivar o […]
13 de Maio de 2020

A Xunta acordará co sector turístico un modelo propio que eleve os estándares de seguridade sanitaria para Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, fixo este anuncio na súa comparecencia parlamentaria para explicar o Plan de Reactivación para os sectores turísico e […]
06 de Maio de 2020

O Plan aprobado para a Xunta para a reactivación do sector turístico suporá un investimento de 11 millóns e 5,6 no redeseño do Xacobeo2021

Baixo a máxima de promocionar Galicia como destino seguro, o plan arrincará este mes de maio coa posta en marcha de medidas orientadas a manter o […]