O Plan aprobado para a Xunta para a reactivación do sector turístico suporá un investimento de 11 millóns e 5,6 no redeseño do Xacobeo2021

O Plan aprobado para a Xunta para a reactivación do sector turístico suporá un investimento de 11 millóns e 5,6 no redeseño do Xacobeo2021

Baixo a máxima de promocionar Galicia como destino seguro, o plan arrincará este mes de maio coa posta en marcha de medidas orientadas a manter o emprego e apoiar ás empresas, cunha dotación orzamentaria de 5,1 millóns de euros; posta en marcha acciones de promoción da comunidade para reactivar a demanda, accións para as que se destinou 2,1 millóns de euros; creación de novos produtos turísticos con medidas e accións por importe de 1,8 millóns e, finalmente accións de formación innovación e mellora da competividad, cun investimento de algo máis de 1,9 millóns de euros.

Entre as medidas máis destacadas, a Xunta porá en marcha o programa Galicia, destino seguro, dotado con 5,5 millóns de euros, e que contempla implementación de protocolos hixiénico-sanitarios, certificacións e unha liña de apoio para a adaptación dos establecementos hostaleiros e aloxamentos turístiocs no proceso de adecuación para a reapertura, xunto con accións de seguridade sanitaria e de modernizacion da rede de albergues públicos que redunden na mellora da seguridade e da confianza do viaxeiro.

Ademais, o plan contempla tamén a reformulación do programa Elixe Galicia para que os que se acolleron a este plan poidan gozar das súas vacacións mesmo até o 2021 así como a creación dun Bono Solidario que se lanzaría na segunda quincena de maio cun orzamento de 1,5 millóns de euros, para impulsar o consumo de produtos turísticos especialmente orientado ao sector sanitario e social, para que poidan beneficiarse de bonificacións na súa goce de hoteis e restaurantes en Galicia. O obxectivo é fomentar o turismo interno de proximidade e facilitar liquidez ao sector turístico, sen esquecer o impulso á recuperación da demanda para o que a Xunta está a traballar nunha campaña para promocionar os recursos e as potenciais de Galicia e animar especialmente aos galegos a que gocen delas. Todo iso encádrase dentro do programa Queda en Galicia, que se completará con traballos de consultoría online a través do IGAPE e do Clúster Turismo de Galicia e un programa de formación para darlle continuidade aos cursos e seminarios que xa se están celebrando desde o CSHG para profesionais do sector en diferentes materias e orientados a diferentes colectivos, ademais de abrir un espazo para propostas de mellora en innovación e competitividade do sector turístico no seu conxunto.

Un novo Xacobeo
O plan prevé a convocatoria dun novo Ano Santo que funcione como ferramenta de estímulo da actividade e do consumo para impulsar a industria cultural e turística. Daranse prioridade ás iniciativas que permitan activar o consumo e o emprego e será un Xacobeo máis «imaxinativo e complexo». Neste sentido, o Goberno galego ha encargado ao ICTE dun protocolo específico para o Camiño de Santiago e no que se detallen as medidas que haxa que aplicar nos espazos públicos e establecementos turísticos.

Descarga aquí o Plan de Reactivación ao completo