paquetización

Os convenios inscríbense dentro do programa Galicia, destino seguro, e asináronse con diferentes asociacións e entes representantes do sector turístico galego, entre os que se contan asociados e o propio Clúster Turismo de Galicia

A iniciativa complétase coa posta en marcha dun servizo de consultoría en liña da man do Clúster Turismo de Galicia dirixido a todas as empresas do sector

Inclúe accións para favorecer o turismo rural, as actividades de aventura, os congresos ou o enoturismo así como reorientar produtos das axencias de viaxes

O Consello da Xunta aprobou o investimento de 1,8 millóns de euros para a readaptación e creación de novos produtos turísticos, a formación hixiénico-sanitaria e o asesoramento
ás empresas do sector turístico galego, entre outras medidas. Trátase dunha nova liña de actuación enmarcada no programa Galicia destino seguro, que conta xa cunha dotación global de 8 millóns de euros para impulsar a nosa Comunidade como un destino fiable e de calidade. Esta nova liña permitirá promover accións nas empresas e particulares que conforman os distintos subsectores en catro eixos estratéxicos: a formación adaptada aos requirimentos de seguridade sanitaria (630.000 euros), a adecuación de formatos turísticos xa existentes ao escenario actual (730.000 euros), a creación de novos produtos e experiencias (280.000 euros) e a posta en marcha dun servizo de asesoramento empresarial individualizado para todas as empresas do sector (150.000 euros).

Para acometer estas accións asináronse un total de 12 convenios de colaboración coas entidades que representan á cadea de valor do turismo. En concreto, coas asociacións de hostalaría e restauración do catro provincias, turismo rural, enoturismo, turismo de congresos, turismo activo, de natureza e aventuras, axencias de viaxe, operadores de turismo e guías profesionais de turismo.

O acordo permitirá ofrecer apoio e asesoramento adaptado ás empresas do sector para favorecer a súa adaptación ao novo escenario grazas a un acordo coas asociacións provinciais de hostalaría e restauración. En concreto, destinaranse preto de 500.000 euros para desenvolver preto de 400 accións de formación online con até 40.000 prazas para as empresas e profesionais sobre as medidas hixiénico-sanitarias requiridas tras a crise. Trátase dunhas accións formativas que se complementan coas impulsadas polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) até chegar a un total de 500 cursos con capacidade para 50.000 prazas.

Tranquilidade, natureza e paisaxe
Do mesmo xeito, fomentarase o turismo activo e o turismo rural, dúas modalidades en auxe ao reunir algúns dos elementos máis valorados polos usuarios no escenario coronavirus como a tranquilidade, a natureza ou a paisaxe. No que respecta ao turismo activo, porase en marcha, a través dun acordo coa Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo (Agetan), un servizo de asesoramento dirixido a todas as empresas deste sector co obxectivo de favorecer a súa adaptación aos novos protocolos e impulsarase un plan de comunicación online dirixido a públicos e mercados obxectivos dentro deste segmento. O do turismo rural, pola súa banda, impulsará a formación das empresas desta rama en materia de seguridade e hixiene e promoverase un servizo de consultaría especializado grazas a un acordo coa Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur).

Co obxectivo de seguir potenciando o enogastronomía, dáse luz verde a un acordo coas Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia para a adaptación da Plataforma Enoturismo Galicia, creada para a comercialización en liña de experiencias vinculadas a esta modalidade, incentivando as reservas telemáticas de maneira directa, así como outras medidas entre as que se inclúen campañas de promoción e as axudas para adopción de medidas hixiénico-sanitarias.

Pola súa banda, o acordo coa Asociación de Organizadores profesionais de Congresos dirixirase a reactivar o portal Galicia MICE, centrado en facilitar a localización de recursos para os promotores de congresos, eventos ou reunións e a creación dun estudio online que permitirá a realización de eventos virtuais. Ademais, activarase un fondo de contratación de espazos e sedes que permitirá incentivar a organización destes eventos na Comunidade.

Reorientar paquetes contratados
Outros dos subsectores que se beneficiarán das medidas desta nova liña son as axencias de viaxes e os turoperadores. No que respecta ás primeiras, promoveranse accións dirixidas a reorientar cara o turismo local paquetes contratados para o exterior posteriores á declaración do estado de alarma, favorecendo a reactivación e o impulso do turismo interno, segundo o acordo asinado coa Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia (Agavi) polo que se destinarán 300.000 euros para a posta en marcha dun incentivo de até o 10% do importe do paquete dirixido a aqueles particulares que redirixan os produtos contratados cumprindo as condicións previstas. Á hora de ofrecer aos clientes novos paquetes turísticos priorizaranse algúns programas xa consolidados como o Outono Gastronómico, os roteiros enoturísticos ou os produtos creados polos geodestinos. Ademais, crearanse produtos turísticos comercializables de entre 400 e 2.000 euros
dirixidos ás familias que poderán pagar de maneira fraccionado nun prazo de entre seis e doce meses sen custe adicional.

Ribeira Sacra, Mariña e Costa da Morte
No que toca aos turoperadores, impulsarase a creación de novos paquetes turísticos con motivo do Xacobeo 2021, fomentando as escapadas e as experiencias centradas na enogastronomía, o termalismo, a natureza ou o patrimonio grazas a un acordo coa Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia. Estes produtos apostarán ademais por áreas estratéxicas como a Ribeira Sacra, a Mariña lucense, Costa da Morte ou os diferentes Camiños, favorecendo a recuperación do turismo e a diversificación de fluxos.

Guías turísticos e asesoramento empresarial
Do mesmo xeito, levarán a cabo programas que permitan incentivar e dinamizar as visitas de escolares ou colectivos, fomentar a creación de produtos que ofrezan percorridos e visitas virtuais á vez que se mellora a formación e adaptación dos profesionais aos novos requirimentos de seguridade sanitaria. Neste sentido, grazas a un acordo coa Asociación profesional de Guías de Turismo de Galicia porase en marcha o novo programa A historia a pe de rúa de fomento das visitas escolares, a acción Volver respirar en Galicia, centrado nas visitas grupais e promoveranse accións para adaptar a actividade dos guías.

Servizo de consultoría
A nova liña de Galicia destino seguro complétase cun servizo de consultaría en liña que prestará un asesoramento individualizado adaptado en virtude dun acordo co Clúster Turismo de Galicia. En concreto, crearase unha oficina técnica para a resolución de consultas específicas e ofrecerase asesoramento personalizado a todas as empresas con sede en Galicia, con independencia de cóntanse coa condición de socios ou non.

17 de Xuño de 2020

Luz verde a 12 convenios co sector turístico galego que supoñen un investimento de 1,8 millóns de euros para a creación e adaptación de produtos e experiencias

Os convenios inscríbense dentro do programa Galicia, destino seguro, e asináronse con diferentes asociacións e entes representantes do sector turístico galego, entre os que se contan […]
21 de Agosto de 2018

O selo Galicia Destino Familiar aposta pola comercialización no seu terceiro ano de vida

Impulsado polo Clúster de Turismo en colaboración con varios dos seus asociados, a iniciativa dá un paso adiante coa edición dun catálogo Consciente da importancia crecente […]
15 de Decembro de 2017

Caión acolleu clausúraa do proxecto Morada Atlántica promovido polos GALP Costa da Morte e Costa Sostible

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte e Costa Sostible escolleron a localidade de Caión para desenvolver a xornada de clausura […]
15 de Xuño de 2016

Hostelería de Compostela xuntamente coa Fundación Cidade da Cultura e o Clúster Turismo de Galicia lanzan o proxecto Compostela Destino 5 Estrelas

O proxecto persigue a promoción e desestacionalización turística de Santiago de Compostela durante a primeira quincena de xullo. Ofertarase un pack turístico para estancias de dúas […]