Hostelería de Compostela xuntamente coa Fundación Cidade da Cultura e o Clúster Turismo de Galicia lanzan o proxecto Compostela Destino 5 Estrelas

ACTIVIDADES

Hostelería de Compostela xuntamente coa Fundación Cidade da Cultura e o Clúster Turismo de Galicia lanzan o proxecto Compostela Destino 5 Estrelas

O proxecto persigue a promoción e desestacionalización turística de Santiago de Compostela durante a primeira quincena de xullo.

Ofertarase un pack turístico para estancias de dúas noites na cidade con actividades, visitas e agasallos.

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu esta mañá a presentación do proxecto Compostela Destino 5 Estrelas posto en marcha conxuntamente pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Asociación de Hostelería de Compostela e impulsado polo Clúster Turismo de Galicia (CTG) para a promoción e desestacionalización turística de Santiago de Compostela durante a primeira quincena de xullo do 2016. A iniciativa ponse en marcha no marco do concurso de ideas promovido polo Clúster Turismo de Galicia entre os seus asociados para a posta en marcha de proxectos que contribúan a mellorar a oferta turística do sector en Galicia.

Á rolda de prensa asistiron a Directora-Xerenta da Fundación Cidade da Cultura deGalicia Beatriz González Loroño, el vicepresidente da Asociación de Hostelería, Carlos Tardáguila, e o Secretario do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.

A promoción, que se desenvolverá entre o 1 e o 17 de xullo, concrétase nun pack turístico, comercializado directamente polos establecementos hoteleiros ao través da páxina web de Hostelería Compostela, co que se pretendese incentivar as reservas e estancias nun momento de baixo nivel de ocupación como é a primeira quincena de xullo.

O pack turístico ofertado comprende:
Estancia de 2 noites en réxime de AD
Visita guiada pola cidade
Tarta de Santiago
Fotografía
Visita á Cidade da Cultura de Galicia
Percorrido no tren turístico

Esta promoción complétase entre o 8 e 17 de xullo cun 35% de desconto nos trenes con chegada a Santiago, que RENFE ofrece aos viaxeiros adheridos a esta oferta.

A promoción do proxecto Compostela Destino 5 Estrelas comenza este venres 15 de xuño cunha viaxe promocional (blogtrip) de prescriptores de todo o Estado e de Galicia en Internet e en Redes Sociais pertenecientes a diferentes sectores como turismo, viaxes, marketing, gastronomía, formación, cultura, comunicación …. Este grupo de referentes en canles 2.0 coñecerán e difundirán ao través das canles 2.0 co hashtag #CompostelaDestino5 a oferta turística, cultural e gastronómica que temos na nosa cidade durante tres días.

Cooperación entre entidades

O traballo conxunto e a cooperación e coordinación entre entidades e empresas implicadas promovido polo Clúster fai que Compostela Destino 5 Estrelas sexa un proxecto de traballo colaborativo e en rede do que a ciudad de Compostela é unha das beneficiarias.

Compostela Destino 5 estrelas enmárcase no contexto no concurso de ideas posto en marcha polo Clúster Turismo de Galicia entre os seus asociados para llevar adiante proxectos de cooperación durante 2016 arredor da calidade, creación de novos produtos turísticos, uso do TIC, Camiño de Santiago ou comercialización, promoción ou internacionalización do produto ou a oferta turística.