A Organización Mundial do Turismo, OMT, e Fundación ONCE lanzaron a primeira convocatoria das Mencións “Destinos Turísticos Accesibles”, ATD, polas súas siglas en inglés, que recoñecerán e promocionarán lugares accesibles para todas as persoas.

Co obxectivo de dar a coñecer aqueles lugares que fan un esforzo importante para que o seu destino poida ser gozado por calquera turista, independentemente das súas capacidades físicas, sensoriais ou cognitiva, a OMT e a Fundación ONCE lanzaron a primeira edición dos seus premios Destinos Turísticos Accesibles, un recoñecemento ao nivel de accesibilidade conseguido nos destinos turísticos, xa que non se trata dunha certificación formal de destino accesible que avale esa accesibilidade.

Cunha periodicidade anual, o premio entregarase a un destino de forma global pero tamén incluirá recoñecementos en varias categorías: destinos urbanos, de sol e praia, de montaña, rurais ou de patrimonio cultural, que poderán optar a estas distincións. Aqueles destinos turísticos que queiran participar deberán presentar unha memoria onde aludan aos proxectos previos de accesibilidade e describan a situación actual do destino turístico nesta materia. En concreto, valorarase a accesibilidade dos seguintes aspectos: planificación, información previa e reservas, transporte de chegada/saída ao destino, aloxamento, restauración, transporte urbano e interurbano no destino, recursos turísticos e administracións públicas de turismo.

O xurado dos recoñecementos estará integrado por entidades de xestión de destinos turísticos, organizacións de consumidores, asociacións de empresas (hoteis, restauración, transporte?), Organización Mundial do Turismo e Fundación ONCE. Os interesados en participar na primeira convocatoria destes galardóns poden enviar as súas solicitudes a adt@unwto.org até o próximo 30 de xuño. A resolución dos destinos premiados difundirase nun acto previsto para o último trimestre de 2019.

Descarga as bases do premio

29 de Maio de 2019

OMT e Fundación ONCE buscan os mellores destinos turísticos accesibles

A Organización Mundial do Turismo, OMT, e Fundación ONCE lanzaron a primeira convocatoria das Mencións “Destinos Turísticos Accesibles”, ATD, polas súas siglas en inglés, que recoñecerán […]
22 de Maio de 2019

A OMT lanza unha guía coas claves para impulsar o turismo gastronómico

Impulsar un modelo de gobernanza con liderado, transparente e participativo, o deseño dun plan estratéxico que debe estar perfectamente aliñado co Plan de Turismo, fomentar os […]
24 de Setembro de 2018

A OMT publica un informe con 11 estratexias e 68 medidas para axudar na xestión do fluxos de turismo urbano

A Organización Mundial do Turismo (OMT) recentemente publicaba un informe co obxectivo de axudar a xestionar o aumento dos fluxos de turismo urbano e os seus […]
27 de Xuño de 2018

Os Destinos Turísticos Intelixentes, claves na construción dun turismo de futuro

Unha representación do sector turístico galego estivo presente no Congreso onde aproveitou para establecer contacto con outros clústeres turísticos A necesidade de utilizar a información para […]