A OMT publica un informe con 11 estratexias e 68 medidas para axudar na xestión do fluxos de turismo urbano
A Organización Mundial do Turismo (OMT) recentemente publicaba un informe co obxectivo de axudar a xestionar o aumento dos fluxos de turismo urbano e os seus efectos nas cidades e os seus residentes abordando aspectos crave como a gobernanza e a xeración de políticas e prácticas sustentables que garantan unha boa relación entre residentes e visitantes.
Baixo o título « Overtourism»? Comprender e xestionar o aumento do turismo urbano máis aló das percepcións, o informe presentouse no marco do sétimo Cume Mundial sobre Turismo Urbano, celebrada en Seúl e é o resultado da colaboración entre a OMT, o Centre of Expertise Leisure, Tourism & Hospitality ( CELTH) da Universidade de Ciencias Aplicadas de Breda e o Europa Tourism Futures Institute ( ETFI) da Universidade Stende de Ciencias Aplicadas.
Nel propóñense ata 11 estratexias e 68 medidas para axudar a comprender e xestionar o aumento de visitantes propoñendo políticas e prácticas sustentables que reduzan ao mínimo os efectos negativos do turismo no uso dos recursos naturais, as infraestruturas, a mobilidade e a saturación, así como o seu impacto sociocultural. Cada vez danse máis casos de actitudes hostís das poboacións locais contra os visitantes, debido á masificación, o ruído e outras cuestións, que levaron á aparición de termos como « overtourism» e « turismofobia» nos medios. Para entender mellor as dificultades que expón a xestión dos visitantes nos contextos urbanos, sobre todo a relación entre os residentes e os visitantes, o informe contén unha análise das percepcións dos residentes sobre o turismo en oito cidades europeas: Ámsterdam, Barcelona, Berlín, Copenhague, Lisboa, Múnic, Salzburgo e Tallin. “Non existe unha solución única para todos para lidar co “overtourism”. En cambio, o turismo debe formar parte dunha estratexia de desenvolvemento sustentable por toda a cidade”, conclúe o Dr. Ko Koens do CELTH e a Universidade de Ciencias Aplicadas de Breda.
O informe si recomenda unha visión estratéxica común para todas as partes interesadas: reconciliar aos residentes cos visitantes e adoptar unha planificación coidadosa que respecte os límites de capacidade e as especificidades de cada destino. “A participación e o apoio dos residentes locais é clave para lograr o turismo sustentable”, explica o profesor Albert Postma de CELTH e da Universidade Stenden de Ciencias Aplicadas. “A construción da responsabilidade compartida entre as partes interesadas directa ou indirectamente involucradas no desenvolvemento do turismo é clave para asegurar a sustentabilidade a longo prazo”, conclúe o investigador involucrado Bernadett Papp.