AGETAN presenta unha batería de 20 medidas para a reactivación das empresas deste sector

A Asociación galega de empresas de turismo activo, aventura e natureza (AGETAN) mantivo un encontro coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, para trasladarlle a inquietude das empresas de turismo activo ante a crise do COVID-19 e facela partícipe do informe elaborado pola asociación sobre o impacto da crise Covid-19 no turismo activo de Galicia.

O informe e as 20 medidas que recolle para reactivar o turismo activo en Galicia son froito do resultado das enquisas realizadas entre medio centenar de empresas deste segmento do turismo galego entre o 3 e o 7 de abril do 2020, co obxectivo de obter un maior coñecemento do impacto da crise do COVID-19 no sector do turismo activo galego.

Entre as conclusións deste informe destaca o feito de que o 8% das empresas causaron baixa definitiva, un 28% están en ERTE e o 46% delas están en baixa temporal, cunha perda de ingresos desde o inicio da crise de entre 15.000 e 45.000 euros por empresa. Outro 26% das empresas enquisadas declara perdas entre 15 e 30.000 euros polas cancelacións de reservas para os meses de maio a agosto, sendo un 38% as que perderon máis de 30.000 euros.

Para paliar esta situación, desde AGETAN solicítase a implantación de 20 medidas en materia de competitividade sectorial, ordenación do sector, adaptación e promoción do sector tras a superación desta crise, que se trasladaron e á Xunta. Entre estas medidas, AGETAN destaca a necesidade de axudas directas e indirectas á empresa, fomento de formación, elaboración dun plan estratéxico para o sector e creación dunha mesa de turismo activo. Ademais, en materia de taxas, o informe solicita exención para a obrigatoriedade de manter os postos de traballo 6 meses no caso de acollerse a ERTE por forza maior, flexibilización dos criterios para admitir os cesamentos de actividade (moitas empresas deste sector comezaba en abril a traballar), eliminación das taxas autonómicas ou redución do IVE ao 10%, como ocorre noutras actividades turísticas.

AGETAN solicitou á Xunta, ademais, subvención para a entidade para o seu traballo de impulso e mellora para este sector e maior puntuación na adxudicación de subvencións públicas para este tipo de empresas, así como un CNAE/IAE propio de turismo activo, loita contra o intrusismo e un novo decreto de turismo activo.

O turismo activo post COVID

Entre as medidas solicitadas por esta entidade que agrupa ás empresas galegas de turismo activo e natureza, tamén se inclúe axudas para a adaptación das mesmas aos protocolos de limpeza e desinfección que se lles exigan así como creación e promoción da marca Galicia turismo activo, aproveitando as sinerxías de Galicia Destino Activo, promovendo a vinculación do turismo activo ao Xacobeo2021 e a posta en marcha dunha campaña de turismo activo de proximidade e de promoción deste tipo de actividades nos centros escolares.

Desde a Asociación tamén agradeceron á directora de Turismo de Galicia a súa disposición a trasladar peticións que exceden o seu ámbito competencial a outros organismos da propia Xunta de Galicia ou do Goberno. Finalmente, desde AGETAN destacan que se continuará avanzando nestas propostas e manteranse reunións con responsables de turismo doutras administracións con competencias en turismo.

29 de Abril de 2020

A crise do COVID-19 golpea fortemente ao sector do turismo activo galego

AGETAN presenta unha batería de 20 medidas para a reactivación das empresas deste sector A Asociación galega de empresas de turismo activo, aventura e natureza (AGETAN) […]
28 de Abril de 2020
terrazas compostela

Hostalaría de Compostela traslada ao Concello de Santiago o seu informe de medidas a adoptar para afrontar a crise do coronavirus

Hostalaría de Compostela fixo público un informe no que pon de manifesto o peso específico do sector turístico na capital galega para chamar a atenciónd sobre […]
23 de Abril de 2020

CEHAT, CCOO e UXT elevan de forma conxunta ao Goberno propostas para protexer ao sector do aloxamento turístico español ante a crise

Os axentes sociais apostan por impulsar iniciativas para garantir o fortalecemento das empresas e a continuidade do emprego nun sector que supón case o 14% do […]
17 de Abril de 2020

Liquidez, flexibilidade fiscal e laboral, medidas para mitigar o impacto do coronavirus no sector turístico

Unha representación do Clúster Turismo de Galicia participou nun encontro en liña cos conselleiros de Economía, Emprego e Industria e Cultura e Turismo para traladarle unha […]