A proba arrinca a finais de abril en Valencia

A oitava edición do Circuíto Golf Sénior abrirá as portas de Galicia a homes e mulleres con licenza en vigor e hándicap pola Real Federación Española de Golf. A cita será o 24 e 25 de setembro no campo de golf Augas Santas, en Pantón, un destino, dixo, que se consolida como un dos principais reclamos turísticos de Galicia como así o testemuña o Instituto Nacional de Estatística (INE) que indica que no últimos sete anos a súa demanda turística creceu case un 50%.

A proba terá unha fase inicial de diferentes probas clasificatorias que se celebrarán en distintos campos da xeografía española, comezando en Valencia e continuando por Navarra, Andalucía, Madrid, País Vasco e Asturias. A final disputarase no recinto de OCA Augas Santas de Pantón, onde os gañadores de cada unha das probas disputaranse o triunfo final. Todos eles, xunto cos seus acompañantes, poderán coñecer a Ribeira Sacra durante tres días, cun atractivo programa de actividades, onde ademais de practicar o deporte que aman, poderán tamén gozar do balneario, a gastronomía galega, así como tamén, realizar unha excursión en catamarán polos Canóns do Sil e a unha adega da zona.

En todas as probas do circuíto os participantes recibirán un agasallo de saída e gozarán unha degustación de produtos galegos de calidade, grazas á colaboración de diferentes produtores que se uniron ao proxecto.

A presentación do evento correu a cargo da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o alcalde de Pantón, José Luís Álvarez, Santiago Villanueva, Director do Hotel OCA Augas Santas, Carlos Marín, Conselleiro Delegado de CM Golf e Presidente da UTE Galicia é Golf, organizadora do circuíto; e por Manuel López, Director de Operacións Golf Augas Santas.

Durante a súa intervención, Nava Castro, ademais de destacar que a final se celebre na Ribeira Sacra nun momento tan crucial para este territorio pola súa candidatura para Patrimonio da UNESCO, referiuse á capacidade dun deporche como o golf para “enriquecer a experiencia turística” ao axudar a coñecer de preto numerosos recursos do destino galego, especialmente a natureza, o termalismo e a gastronomía. Neste sentido, recoñeceu o papel de entidades como a Asociación Galicia Destino Golf desde onde, dixo, “traballan cada ano por que este deporte se situar como un reclamo turístico destacado en Galicia con diferentes probas deportivas para todo tipo de público”.

15 de Abril de 2019

Pantón acollerá a final do VIII Circuíto de Golf Sénior pondo en valor o deporte, termalismo e gastronomía

A proba arrinca a finais de abril en Valencia A oitava edición do Circuíto Golf Sénior abrirá as portas de Galicia a homes e mulleres con […]
07 de Marzo de 2019

Os Ancares-Courel reciben o distintivo Observer de Turismo Científico

En Galicia, só o Parque das Illas Atlánticas posuía este distintivo até agora. O espazo Os Ancares e O Courel xa son Espazo Observer Turismo Científico, […]
27 de Febreiro de 2019

Novas xornadas para reivindicar a gastronomía lucense

 A Deputación de Lugo, a Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo ( APEHL), representantes de empresas gastronómicas, das asociacións de produtores, das Indicacións Xeográficas Protexidas e […]
24 de Xaneiro de 2019

Presentado en Fitur un novo volume da guía turístico-gastronómica … e para comer, Lugo

Baixo o título Lugo, ¿te gusta?, a Apehl volveu a Fitur para presentar a nova guía da colección …E Para Comer, Lugo, unha das iniciativas clave […]