Do 21 ao 24 de novembro participarán 300 expositores nacionais e internacionais e desenvolverase unha bolsa de contratación, Intur Negocios, na que volverá estar presente a oferta turística galega

A XXIII edición da Feira Internacional do Turismo de Interior (Intur) que se celebrará entre os días 21 e 24 de novembro na Feira de Valladolid terá a Portugal como ‘país invitado’ e contará cun extenso programa de actividades, con participación de 300 expositores nacionais e internacionais, que buscan situar a Castela e León como un “referente” no sector do turismo de interior.

A cita preséntase como un punto de encontro “aberto, profesional e expositivo” no que Castela e León pon de relevo todo o seu potencial turístico e móstrase como referente a nivel nacional de turismo “de calidade, diverso e multicultural”. O evento albergará, ademais por primeira vez, unha reunión do Consello Autonómico de Turismo co fin de “potenciar” a feira como “unha ferramenta” de participación e asesoramento no impulso das liñas estratéxicas definidas no marco do Plan Estratéxico de Turismo de Castela e León.

Portugal será nesta ocasión o país invitado, unha elección que non foi “baladí” senón que tivo en conta o carácter integrador do río Douro entre ambos os territorios fronteirizos e as múltiples sinerxías existentes entre ambos. “Buscabamos un achegamento con Portugal polo que iso leva”, recoñeceu a directora xeral de Turismo, Estrela Torrecilla, quen lembrou que até xuño deste ano foron oito millóns de turistas internacionais os que aterraron no aeroporto do Porto, dos que o 20% viaxan a Galicia e só o tres por cento a Castela e León.

Como é habitual, as dúas primeiras xornadas estarán destinadas aos profesionais, para os que se habilitou un horario ?moi europeo? que irá de 9.30 a 18.30 horas, mentres que nas xornadas de sábado e domingo, de acceso ao público en xeral, o horario será de 10.30 a 20.30 horas. Entre as novidades desta edición figuran a Comunidade de Madrid, que regresa a Intur, ademais de Paradores, Renfe, o grupo Sercotel, a ruta do viño de Valdeorras ou municipios españois e portugueses, entre outras. En total serán 300 os expositores que estarán presentes en Intur, que este ano celebrará o II encontro hispano-luso no que participarán profesionais de ambos os países, expositores e turoperadores do mercado turístico ibérico.

Tamén haberá espazo para Intur Gastromarket e Corner de Experiencias. A primeira é un mercado no que os visitantes poden adquirir produtos vinculados á gastronomía dun territorio, mentres que a segunda iniciativa é unha plataforma que permite que os expositores de Intur dean a coñecer as súas novidades, tales como destinos, produtos e servizos nun formato ?áxil e próximo?.

En Intur Rural e Activo participarán empresas de Salamanca, Valladolid, León, Teruel, Cantabria, Cádiz, Asturias, Madrid e Soria neste espazo pensado fundamentalmente para as pequenas empresas de turismo rural que ademais de comercializar os seus servizos ofrecen actividades para todos os públicos. E a historia volverá ter cabida na edición deste ano de Intur, cun total de 16 recreacións históricas ao longo de todo o fin de semana.

20 de Novembro de 2019

Valladolid acolle unha nova edición da Feira Internacional do Turismo de Interior, Intur, con Portugal como país invitado

Do 21 ao 24 de novembro participarán 300 expositores nacionais e internacionais e desenvolverase unha bolsa de contratación, Intur Negocios, na que volverá estar presente a […]
21 de Novembro de 2018

Cultura, natureza e enogastronomía, fíos condutores de Intur que se celebra até o domingo en Valladolid

Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia está presente nesta feira profesional centrada no turismo interior Cultura, natureza e enogastronomía son os fíos condutores desta […]
03 de Novembro de 2017

O sector turístico galego estará presente de novo en INTUR

A Feira de Valladolid acolle os próximos 23 e 24 de novembro unha nova edición da Feira Internacional de Turismo de Interior (INTUR), na que a […]
17 de Novembro de 2016

Valladolid acolle unha nova edición de Intur, a feira do turismo de interior

INTUR, Feira Internacional do Turismo de Interior, na que se dan cita empresas, institucións públicas e profesionais que traballan nos distintos ámbitos do turismo de interior […]