Instituto Galego do Viño

O Instituto Galego do Viño renova o seu convenio coa Cidade da Cultura de Galicia para promover no próximos cinco anos actividades formativas e de asesoramento orientadas especialmente ás empresas emprendedoras, fomentando a capacitación de profesionais especialmente nos sectores vitivinícola, hostaleiro e turístico. Ditas accións promoveranse a través do Centro de Emprendemento do Gaiás, ao que pertence desde o ano 2013, consolidando a formación de alto nivel a profesionais e emprendedores que desexan reforzar as súas competencias no ámbito do sector turístico, vitivinícola e hostaleiro.

A renovación deste convenio permitirá seguir ofrecendo no Gaiás o Curso Superior de Catador Profesional, o Curso de Especialización en Barman Profesional e o Curso de Xestión de Restaurantes e Vinotecas, especialmente enfocado aos emprendedores que queiran pór en marcha un novo proxecto empresarial neste campo profesional. O convenio de colaboración entre a Cidade da Cultura e o Ingavi inclúe a celebración de eventos como o Viñerón, feira vitivinícola que favorece o encontro directo entre quince dos mellores novos talentos do viño; ou os Premios Magnum do Viño Galego, que recoñecen o traballo dos mellores produtores do ano, actividades que buscan fomentar o interese polos viños galegos e por todos os elementos culturais que implican e converter a formación na clave para lograr a excelencia do sector hostaleiro e vitivinícola de Galicia.

19 de Xullo de 2017

Ingavi e Cidade da Cultura renovan o seu compromiso para seguir ofrenciendo formación no Gaiás

O Instituto Galego do Viño renova o seu convenio coa Cidade da Cultura de Galicia para promover no próximos cinco anos actividades formativas e de asesoramento […]
20 de Xullo de 2016

O Instituto Galego do Viño e Afundación organiza dous cursos de cata de viños para afeccionados e profesionais

Baixo a denominación “Cerficado en cultura do viño”, o Instituto Galego do Viño en colaboración con Afundación acaba de abrir o prazo para inscribirse en senllos […]
16 de Maio de 2016

Compostela acolle a presentación da segunda edición de Incitus

Pedro Larumbe, Pepe Solla e Luís Veira son os chefs invitados para a presentación da nova edición de Incitus, o proxecto de dinamización da hostalaría galega […]
11 de Abril de 2016

Cita coa viticultura en Vigo da man do Atlante Wine Forum

Concibida como unha xornada de encontro, formación e traballo conxunto dos profesionais do mundo do viño que desenvolven a súa actividade no noroeste de España e […]