Galicia MICE

Os pazos de congresos de Santiago, A Coruña e Vigo contarán con platós virtuais, como alternativa aos eventos presenciais

Reactivar o turismo de reunións, incentivos, convencións e exposicións (MICE) é o obxectivo do acordo asinado hoxe en Vigo entre a Vicepresidencia Primeira da Xunta e a Consellería de Turismo e a Asociación de Organizadores Profesionais de Congresos (OPC).
A Xunta habilitará un orzamento de 123.400 euros para iniciativas como dotar aos centros de congresos de Vigo (Mar de Vigo), A Coruña (Palexco) e Santiago de conxuntos virtuais que se poidan empregar como alternativa aos eventos presenciais. Tamén se establecerá un fondo económico para a contratación de espazos e locais para que non haxa que cancelar ningunha convocatoria.
A Xunta apoiou este ano o turismo MICE con 650.000 euros como continuación dun esquema de colaboración que xa se desenvolveu nos últimos anos. Nesta ocasión, debido á situación do sector, a achega pública aumentou un 20 por cento.

20 de Abril de 2021

A Xunta e os organizadores profesionais de congresos asinan un acordo para a reactivación do turismo MICE

Os pazos de congresos de Santiago, A Coruña e Vigo contarán con platós virtuais, como alternativa aos eventos presenciais Reactivar o turismo de reunións, incentivos, convencións […]
21 de Outubro de 2020

Profesionais de viaxes de incentivos visitan Galicia dentro do programa Galicia MICE

Os 9 participantes na ‘fam trip’ de Galicia MICE estiveron en Santiago nun acto divulgativo no foron acompañados pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, […]
04 de Setembro de 2020

En marcha o centro Galicia MICE, que busca situar a Galicia no negocio dos eventos virtuais

El espacio habilitado en la Ciudad de la Cultura en virtud del acuerdo alcanzado entre OPC Galicia y la Xunta está dotado con medios para organizar congresos con 1.000 asistentes conectados a distancia
29 de Xaneiro de 2020

Sustentabilidade e tecnoloxía, eixos do Congreso de OPC España, que se celebra en Galicia en febreiro

Os Organizadores Profesionais de Congresos presentaron en FITUR a celebración deste evento Sustentabilidade, seguridade, tecnoloxía, territorio e emoción son algúns dos puntos que se tratarán no […]