As entidades adheridas, que deberán estar situadas nalgún dos 21 municipios do geodestino Ferrol-Rías Altas, beneficiaranse das accións do programa

O proxecto de dinamización turística e axuda á comercialización de Costa das Ondas, impulsado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, ten aberto o prazo para que aquelas empresas vencelladas ao sector do turismo activo e situadas nalgún dos concellos do xeodestino Ferrol-Rías Altas, poidan adherirse ao programa e beneficiarse das súas vantaxes.

Así, as entidades que o desexen poderán solicitar a súa adhesión sempre que cumpran os requisitos de acceso: empresas vinculadas ao turismo do surf como esculeas de surf, surfcamps, surf houses, tendas de surf con material técnico, e tamén bares, restaurantes e aloxamentos que teñan a turistas de surf como clientes. As entidades deberán estar instaladas nalgún dos 21 municipios : Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.

Os asociados a esta marca de marca de promoción do geodestino Ferrolterra – Rías Altas como destino de surf formarán parte das accións de promoción online e offline que se programen, directamente directamente vinculadas á promoción da actividade de surf. Para formar parte de márcaa Costa das Ondas, debe cubrirse o seguinte formulario, aceptar e cumprir as condicións do documento de adhesión e remitir varias fotografías de alta calidade do establecemento ao correo electrónico: info@costadasondas.surf

09 de Xullo de 2019

Costa das Ondas abre o proceso de adhesión para incorporar novas empresas

As entidades adheridas, que deberán estar situadas nalgún dos 21 municipios do geodestino Ferrol-Rías Altas, beneficiaranse das accións do programa O proxecto de dinamización turística e […]
09 de Abril de 2018

Ferrolterra-Rías Altas continuará en 2018 o despregamento do seu plan estratéxico de turismo activo coa posta en marcha de máis de 15 accións

A folla de ruta para a mellora da comercialización e posta en marcha de iniciativas de turismo activo no territorio comezou o ano pasado e conta […]
17 de Xaneiro de 2018

A Coruña gastronómica, Ferrol congresual e Santiago, coa mirada posta no horizonte 2022

“Plural, cosmopolita e aberta”, A Coruña presentouse na Feira Internacional de Turismo (Fitur) como unha cidade turística orientada cara á gastronomía e o lecer para atraer […]
27 de Novembro de 2017

Costa das Ondas organiza un taller para impulsar o turismo de surf na comarca

O Antigo Hospicio de Ferrol o xoves 30 de novembro o primeiro Workshop de Costa das Ondas, unha iniciativa impulsada co obxectivo de servir de punto […]