A delegación galega, na que estivo o Clúster Turismo de Galicia, participou nunha decena de encontros profesionais orientados especiamente ao sector do contract e o turismo

Os encontros vinculados ao turismo e ao sector do contract (deseño de mobiliario e interiorismo para hoteis e oficina) tiveron un gran peso na maior parte dos encontros profesionais que se desenvolveron durante a viaxe insitucional da Xunta de Galicia a Miami e Nova York, no que foi a primeira viaxe institucional do presidente Núñez Feijóo a Miami. A axenda tivo un marcado carácter económico e un gran peso turístico, de aí a presenza na viaxe do conselleiro de Industria, Francisco Conde, ou a responsable de Turismo, Nava Castro. A delegación galega completouse cos responsables dos principais portos galegos, unha representación do Clúster de Turismo e por unha delegación empresarial do sector do contract. Todos eles participaron nunha decena de encontros cos que a Xunta busca abrir vías de negocio en norteamérica, ademais de promocionar a próxima celebración do Xacobeo 2021.

Precisamente a celebración deste próximo fito foi un dos aspectos que se abordou durante os encontros co alcalde do condado de Miami-Dade, Carlos A. Giménez, quen anunciou que ten planeado visitar Galicia o próximo mes de xuño como parte dunha viaxe por Europa. Tamén se mantiveron encontros coas colectividades galegas e coas cámaras de comercio de Miami e Nova York, así como celebrouse unha visita ao porto de Miami para promocionar o Ano Santo 2021 e falouse da posibilidade de abrir rutas con Vigo, A Coruña ou Ferrol.

Ademais mantívose un encontro con directivos do Aeroporto de Miami, o primeiro en voos internacionais de EEUU e o terceiro de carga, ao que se lle trasladou o interese para que algunha compañía aérea puidese chegar a establecer un voo directo para o Ano Santo (Xacobeo). A axenda de contactos completouse con contactos con grandes grupos hostaleiros como Ritz Carlton e Marriott e coa visita a Nova York, onde as actividades culturais cobraron máis peso, coa firma dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Institute of Fine Arts de Nova York, para a organización do simposio “Imaxinando o Camiño de Santiago: itinerarios, narracións, mapas e visións”.

08 de Febreiro de 2019

Apertura de contactos profesionais con Miami e Nova York no marco da viaxe institucional da Xunta

A delegación galega, na que estivo o Clúster Turismo de Galicia, participou nunha decena de encontros profesionais orientados especiamente ao sector do contract e o turismo […]
15 de Xaneiro de 2018

A Xunta avanza que Galicia superará a cifra dos 5 millóns de viaxeiros en 2017

Núñez Feijóo adiantou este balance no Consello da Xunta no que anunciou a posta en marcha da comisión organizadora do Xacobeo 2021 O presidente da Xunta […]