A Xunta tamén solicitara plans de sustentabilidade para Ourense termal e A Mariña lucense, que non foron aprobados

Galicia contará con dous plans de sustentabilidade turística para a Ribeira Sacra e Santiago de Compostela tras a súa aprobación na Conferencia Sectorial de Turismo celebrada esta semana co Goberno Central a que tamén asistiron representantes do resto de comunidades autónomas e a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.

Estes plans, que teñen como fin promover accións de promoción nestes destinos e mellorar a súa competitividade, foron unha das medidas acordadas o pasado xuño, na propia Conferencia Sectorial, para reactivar e dinamizar o sector. Dentro desta iniciativa, a Xunta propuxo un total de catro plans: o de Santiago de Compostela e a Ribeira Sacra, que foron aprobados; e outros dous para Ourense Termal ?relativo a distintos concellos da provincia ourensá- e A Mariña Lucense. No entanto, e a pesar da intención do Goberno autonómico de cofinanciar o catro proxectos, o Goberno Central só aprobou dous.

As propostas que presentou a Xunta foron as dos proxectos mellor puntuados dos 15 valorados por Turismo de Galicia, de acordo coa convocatoria desta liña de apoio aos destinos turísticos.

O programa de Plans de sustentabilidade turística divídese en dous tipos, destinados a destinos pioneiros e destinos do medio rural ou do interior. O primeiro destes plans está dirixido a resolver os problemas que presentan os destinos maduros, caracterizados pola súa demanda turística o que ás veces supón sobrecarga urbanística e ambiental, como o caso de Santiago de Compostela; e os segundos, como o da Ribeira Sacra, van dirixidos a espazos con patrimonio cultural, en espazos naturais protexidos ou en zonas costeiras pouco desenvolvidas.

Rueda valorou a aprobación de ambos os proxectos. Por unha banda, o da capital galega, “pensando no Xacobeo” e en “xestionar os fluxos turísticos” que conflúen na cidade; e doutra banda, o da Ribeira Sacra, “para seguir mellorando ese destino e conseguir esa ansiada proclamación como Patrimonio da Humanidade”.

02 de Outubro de 2020

Galicia contará con dous dos plans de sustentabilidade turística para a Ribeira Sacra e Santiago de Compostela

A Xunta tamén solicitara plans de sustentabilidade para Ourense termal e A Mariña lucense, que non foron aprobados Galicia contará con dous plans de sustentabilidade turística […]
28 de Setembro de 2020

A Asociación Galega de Axencias de Viaxes intégrase na CEAV

A Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI), acaba de incorporarse como novo membro de pleno dereito á Confederación Española de Axencias de Viaxes (CEAV). Así […]
23 de Setembro de 2020

Aberto prazo de inscrición na nova edición do programa estatal Anfitriones, que oferta sete cursos online sobre Covid-19 e turismo

A Secretaría de Estado de Turismo abriu o prazo de inscrición para o programa de formación Anfitriones, que nesta edición, a decimoséptima, incluirá como principal novidade […]
09 de Setembro de 2020

“Turismo somos todos” presenta a súa folla de ruta para salvar o sector turístico nacional da crise

La plataforma “Turismo somos todos”, promovida por la Asociación Española de Directores de Hotel (AEDH), la Asociación Española de Profesionales del Turismo (AEPT), Las Llaves de Oro Españolas, la Asociación Española de Gobernantas de Hotel y el Grupo RV Edipress, ha presentado al Gobierno una hoja de ruta con medidas concretas de protección a la industria turística. Sus objetivos están claros: salvar vidas, la economía y el turismo; evitar la destrucción de empresas y empleo ligados al sector; y conseguir que uno de los principales motores económicos de España lidere la recuperación del país.