enoturismo

As actividades especiais terán lugar o fin de semana do 12 e 13 de novembro

A Ruta do Viño Rías Baixas xa ten lista a súa programación especial con motivo do Día Europeo do Enoturismo, que se celebra o próximo 13 de novembro. A V Cata Amateur, unha visita accesible e un percorrido en catamarán con cata comentada de viños da Denominación de Orixe Rías Baixas centrarán as propostas preparadas desde a asociación sen ánimo de lucro.

A primeira das citas desenvolverase o sábado 12 de novembro pola mañá. Unha trintena de membros da Fundación Down Compostela visitarán unha adega asociada. Os participantes terán a oportunidade de coñecer de primeira man o ciclo da vide e o proceso de elaboración dos viños amparados pola Denominación de Orixe Rías Baixas.

Ese mesmo día, ás 19.00 horas, organízase unha nova sesión de Navegando coa Ruta. A empresa de lecer socia Mares do Grove acollerá unha cata comentada de viños de Rías Baixas que se desenvolverá durante un percorrido pola Ría de Arousa. O catador Nacho Costoya encargarase de impartir esta sesión. A actividade ten un custo de 13 euros e un límite de 30 prazas.

A actividade máis multitudinaria, e de carácter totalmente gratuíto, vivirase o domingo 13 de novembro, Día Europeo do Enoturismo. As instalacións do Palacio de Congresos e Exposicións José Pena de Cambados acollerán a V Cata Amateur Ruta do Viño Rías Baixas. Nela, os asistentes converteranse en catadores por un día degustando e identificando distintas marcas de viño. A apertura de portas está prevista para as 10.30 horas. O aforamento está limitado a 100 participantes.

As inscricións ás actividades deberanse realizar enviando un e-mail a info@rutadelvinoriasbaixas.com ou nos teléfonos 986 091 088 e 687 523 230. Desde a Ruta do Viño Rías Baixas animan ao público a sumarse a esta celebración do Día Europeo do Enoturismo.

08 de Novembro de 2016

V Cata Amateur, paseo en catamarán e unha actividade accesible centran a programación polo Día Europeo do Enoturismo

As actividades especiais terán lugar o fin de semana do 12 e 13 de novembro A Ruta do Viño Rías Baixas xa ten lista a súa […]
31 de Outubro de 2016

Premios de accesibilidade para a Ruta do Viño Rías Baixas

A Ruta do Viño Rías Baixas recibiu o Mérito á Accesibilidade no Enoturismo 2016, un recoñecemento incluído dentro dos III Premios de Enoturismo Rutas do Viño […]
27 de Outubro de 2016

Un proxecto de comercialización impulsará a paquetización competitiva do enoturismo galego

O proxecto, denominado Emocións Enoturismo Galicia, está auspiciado polo Clúster Turismo de Galicia e executado por Proturga e Gallaecia A iniciativa de comercialización compleméntase coa posta […]
18 de Outubro de 2016

Enoturismo Galicia, a nova marca paraugas para as rutas do viño de Galicia

A aula Gastronómica da Praza de Abastos de Santiago de Compostela acolleu esta mañá a presentación oficial da marca Enoturismo Galicia que o Clúster Turismo de […]