#EcomGastro

O Hotel Finisterre da Coruña acolle o 28 e 29 de abril a 5ª edición de @EcomEvents, un Congreso de Gastronomía e Comunicación 2.0 que nesta ocasión, terá a mercadotecnia, as tendencias, a reputación online e as redes sociais como temas protagonistas. Impulsado por Océano Azul Comunicación, membro de OPC Galicia, a aposta por celebrar unha nova edición das súas #EcomEvents nace da revolución que experimentou o concepto da Gastronomía e a importancia de adaptarse ao tempo actual.

#EcomGastro traballar para ofrecer un programa con encontros con expertos, debates e relatorios que axuden a estar ao día nesta nova visión de xestión, ademais de articular un punto de encontro para os bloggers de gastronomía e viaxes que queiran expor os seus casos de éxito e no que expertos de cada tema darán as claves para profesionalizar e mellorar o modelo de negocio, comunicación e xestión, dun dos motores do turismo de Galicia.
O Congreso irá aderezado con diferentes eventos que facilitarán o networking, como espazos-corners de empresas do sector alimentario, degustacións, tours e cea-showcooking. Sen dúbida, en abril a cidade da Coruña terá unha cita para aprender máis sobre as últimas tendencias en mercadotecnia, comunicación e innovación en Gastronomía. Información e inscricións aquí.

31 de Marzo de 2016

Nova cita con #EcomGastro, coa gastronomía e a comunicación 2.0 na Coruña

O Hotel Finisterre da Coruña acolle o 28 e 29 de abril a 5ª edición de @EcomEvents, un Congreso de Gastronomía e Comunicación 2.0 que nesta […]