Deputación de Ourense

A xornada #Turismo2020 contará con dous relatorios a cargo de Fernando Puelles, responsable da área de Business Travel de Amadeus España, que nos ofrecerá información sobre o perfil dos novos perfís de turista e Chus Bo, que profundará no binomio turismo-deporte. Ademais, abriranse tres mesas redondas que permitirán abordar diferentes aspectos de gran interese para o empresario turístico galego, aos que se lles ofrecerá información e novidades que lle permitan coñecer os cambios que está a experimentar o sector, así como a posición competitiva en que se atopa Galicia respecto doutros territorios de España.

A primeira das mesas redondas, moderada polo xerente de Expourense, Alejandro Rubín, virará ao redor das oportunidades e retos que supón a comercialización da oferta turística enogastronómica e termal de Ourense, da man de relatoras como Amaia López de Heredia (Basque Culinary Center), Carles Martín (Nextel) e Tono Franco (Globaldit).

A segunda das mesas, moderada polo xerente do INORDE, José Manuel Rodríguez, profundará no tema deportivo coas achegas de expertos como Javier Guillén (Unipublic- Volta Ciclista a España), Carles Cantou (SPSG Consulting) e Patricio Sánchez (Universidade de Vigo). A última das mesas redondas abordará os cambios tecnolóxicos que viviu o sector nos últimos anos e as novidades no horizonte 2020. Moderada polo experto en innovación e novas tecnoloxías, Enrique Lancis, a mesa contará coa participación de Alicia Jódar, directora de Mercadotecnia de Pangea; Elisa Martín, directora de innovación en IBM e Sergio Vinay, responsable de políticas públicas da plataforma AirBnB para España e Portugal, o que permitirá tamén abordar os cambios introducidos pola economía colaborativa.

A cita será este xoves, 27 de abril no Centro Cultural Marcos Valcárcel e a inscrición é libre e gratuíta ata completar o aforamento. O Encontro conta co apoio tanto de Turismo de Galicia como da Deputación de Ourense para profundar en Galicia como destino turístico e mellorar a posición competitiva de Galicia no mercado turístico global.

26 de Abril de 2017

Máis de 200 profesionais do sector turístico daranse cita no III Encontros Clúster Turismo de Galicia

A xornada #Turismo2020 contará con dous relatorios a cargo de Fernando Puelles, responsable da área de Business Travel de Amadeus España, que nos ofrecerá información sobre […]
10 de Abril de 2017

Clúster Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense asinan un convenio de colaboración para o desenvolvemento do III Encontros Clúster Turismo de Galicia

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Encontro, que se celebrará o próximo 27 de abril O presidente do Clúster do Turismo de […]
31 de Xaneiro de 2017

Encontro do Clúster coa Deputación ourensá

Representantes do Clúster Turismo de Galicia mantiveron un encontro co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar co obxectivo de avanzar nunha futura colaboración de face […]
05 de Xuño de 2016

Nove itinerarios en total e 84 prazas máis, novidades da nova edición de Galicia coma unha bala

Cun incremento de 84 prazas e a creación de dous novos itinerarios, o Termal e o Camiño do Santiago e o da Lamprea e o Viño […]