Representantes do Clúster Turismo de Galicia mantiveron un encontro co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar co obxectivo de avanzar nunha futura colaboración de face á organización de actividades do Clúster neste territorio, ademais de coñecer de primeira man das actuacións que en materia de termalismo, posta en valor do patrimonio e implementación de novas tecnoloxías levouse na provincia da man desta entidade.
Así, o presidente do Clúster, Francisco González, acompañado do secretario do ente, Cesáreo Pardal, analizaron con Baltar cuestiones referidas ao plan “Ourense, a provincia termal”, e os labores de promoción dos recursos de termalismo da provincia así como as potencialidades turísticas da Vía da Prata e a riqueza histórica e patrimonial que atesoura Ourense. Neste sentido, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, explicoulle aos resprestantes o traballo que vén desenvolvendo a Deputación no que se refire á “marca Ourense”, relacionada coa promoción turística, cultural, deportiva e económica, xunto coa innovación en materia de xestión tecnolóxica, que fan da provincia de Ourense un “territorio de vangarda” para aplicar a innovación de xestión no ámbito do turismo e conseguir a distinción de ser a primeira provincia denominada “Destino Turístico Intelixente”.
Pola súa banda, o presidente do Clúster aproveitou o encontro para profundar no funcionamento e evolución do Clúster neste tres anos de viño, facendo fincapé no labor de voz única do turismo galego, ao aglutinar os intereses de asociacións, empresas e profesionais, unha figura que incrementa as opcións para apostar pola internacionalización e a apertura a novos mercados e proxectos turísticos.