Denominaciones de Origen de Vinos de Galicia

A Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense acollen entre esta semana e a que vén a programación previa á celebración da oitava edición das Xornadas de Puertas Abertas do cinco rutas dos viños galegas na que se programou un espectáculo que inclúe enocabaret, concertos e catas de viños para dar a coñecer a iniciativa nas rúas.

Unha das principais actividades será a posta en marcha dun enocabaret que dará a coñecer a importancia do mundo do viño e incluirá pasarúas, actuacións de cabaret, concertos, ou catas de viño, entre outras actividades. Tras a primeira parada na Coruña, continuará o 3 de maio, en Vigo; o 6, en Pontevedra; o 9, en Santiago de Compostela e o 14, en Ourense.

En todas as localidades, a programación dará comezo pola mañá e continuará durante todo o día en diferentes rúas e prazas do centro das cidades. O espectáculo arrincará ás 10,30 horas, ao que seguirá uns pasarúas e unha actuación de cabaret, ás 12,00 horas. A música popular chegará ás 13,00 horas cun concerto de música popular sobre o viño e ás 14,00 horas, os participantes poderán gozar dunha cata amenizada por un concerto de piano. Xa pola tarde, ás 17,00 horas terá lugar outros pasarúass e a xornada concluirá ás 18,00 horas cun novo concerto.

Esta programación serve de antesala ás Xornadas de Puertas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, que se celebrará en xuño e contará cun completo programa de actividades que inclúe visitas guiadas ás adegas, catas e menús deseñados para a ocasión, desprazamentos no Bus do Viño ou ofertas especiais de aloxamento. As actividades desenvolveranse durante os fins de semana do 7, 8 e 9 de xuño (Rías Baixas e Ribeiro) e do 14, 15 e 16 do mesmo mes (Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras).

02 de Maio de 2019

Concertos, pasarúas e catas nas cidades galegas, antesala das Xornadas de Puertas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia

A Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense acollen entre esta semana e a que vén a programación previa á celebración da oitava edición das Xornadas de […]
19 de Abril de 2019

A Xunta avanza no plan de dinamizador para o sector enoturístico galego

Os conselleiros de Medio Rural, Economía, Emprego e Industria e de Cultura e Turismo reuníronse cos representantes dos consellos reguladores vinícolas e das Rutas do Viño […]