Representantes dos sectores afectados pola pandemia reuníronse hoxe coa directora xeral de Emprego, Covadonda Toca

A Xunta de Galicia xa recibiu as primeiras solicitudes de axudas correspondentes ao terceiro Plan de Salvamento dirixido a sectores afectados pola pandemia, para o que se destinou un importe total de máis de 230 millóns de euros.

Os representantes destas actividades económicas, principalmente relacionadas co turismo e o lecer, reuníronse hoxe coa directora xeral de Emprego da Xunta, Covadonda Toca, quen informou de que a axuda resolverase en dúas fases. No primeiro, o importe será o establecido nas bases publicadas no DOG  do pasado 11 de xuño: 3.000 euros no caso de autónomos que paguen por módulos; entre 6.000 e 11.000 euros para autónomos ou empresas de ata 10 traballadores e entre 10.000 e 30.000 euros para autónomos e empresas de máis de 10 traballadores e cunha facturación superior aos 2 millóns de euros, así como empresas con máis de 25 traballadores.

Na segunda fase, o responsable de Emprego anunciou que a axuda podería chegar ata os 200.000 euros.

29 de Xullo de 2021

A Xunta xa recibiu preto de 5.000 solicitudes de axudas do III Plan de Rescate, que nunha segunda fase poderían chegar aos 200.000 euros

Representantes dos sectores afectados pola pandemia reuníronse hoxe coa directora xeral de Emprego, Covadonda Toca A Xunta de Galicia xa recibiu as primeiras solicitudes de axudas […]
20 de Abril de 2021

A Xunta e os organizadores profesionais de congresos asinan un acordo para a reactivación do turismo MICE

Os pazos de congresos de Santiago, A Coruña e Vigo contarán con platós virtuais, como alternativa aos eventos presenciais Reactivar o turismo de reunións, incentivos, convencións […]
22 de Xaneiro de 2021

O Clúster reunirá ás Administracións arredor dunha mesa para propoñer medidas que permitan que o turismo e a hostalería sigan vivos ata que chegue a recuperación

Convocou a Xunta, ás catro deputacións e a FEGAMP para o luns en Santiago Despois das sucesivas manifestacións separadas sobre a vontade de emprender medidas coordinadas […]
04 de Xaneiro de 2021

O turismo afronta o 2021 coa esperanza de recuperarse na segunda metade e coa vista posta nas vacinas

O Clúster insiste na necesidade de axudas públicas para que as empresas poidan manterse durante os próximos meses As boas novas sobre a prórroga ata o […]